dende o 1999 traducindo software libre ao galego
Header

O editor html BlueGriffon en galego

Xuño 9th, 2012 | Por Fran en Ferramentas

Proxecto Trasno anuncia a dispoñibilidade da tradución oficial do editor html BlueGriffon.

BlueGriffon é un editor libre de páxinas web (html, css, etc) que pode ser descargado desde a súa páxina oficial.

Trátase dun novo editor de contido visual (WYSIWYG). Creado a partir do motor de renderizado web Gecko, o mesmo motor que Firefox, é unha solución moderna e robusta para editar páxinas conformes cos últimos estándares da Web.

A versión estábel actual é a 1.5.2 e está dispoñibel para Windows, Mac OS X e Linux.

Para galeguizar a interface en tanto non se incorpora a localización á vindeira versión pódese empregar un .xpi, que podes descargar desde a súa web.

A localización ao galego deriva dos traballos realizados polos seguintes alumnos e os tradutores de Proxecto Trasno que participaron no IV Fiadeiro de Software Libre da USC:

- Rubén González Bermúdez
- Jesús Manuel Saavedra Carballido
- Enrique Estévez
- Antón Méixome

Pode seguir as respostas a esta entrada vía RSS 2.0 Pode deixar unha resposta, ou seguimento.