V ETSE Open de SL /Fiadeiro de localización de software libre

Abril 16th, 2013 | Por administrador en Formar e divulgar
Logo de Trasno (Desde Mancomun.org) A comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC desenvolverá o V ETSE Open de SL / Fiadeiro de localización de Software Libre en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da USC e co Proxecto Trasno.

Os docentes serán Enrique Estévez Fernández, coordinador do equipo galego de localización dos produtos de Mozilla e Antón Méixome, lingüista e coordinador do equipo galego de localización de OpenOffice e LibreOffice.

Igual que nas anteriores edicións o obxectivo principal é promover o uso e coñecemento do software libre e da lingua galega na comunidade universitaria da USC a través da localización ao galego de aplicativos libres.

O fiadeiro está aberto a toda a comunidade universitaria da USC: alumnado, PDI e PAS, e ten un prezo simbólico de 10€. Os requisitos para participar son moi básicos, un nivel de inglés básico acorde co adquirido nos estudos de bacharelato, un nivel de galego acorde co adquirido nos estudos de secundaria, Celga 4 ou Perfeccionamento e un nivel de informática básico.

Conta con 20 prazas e para todos aqueles interesados xa está aberto o prazo de matriculación ata o vindeiro 22 de abril a través da Secretaría Virtual da USC.

O fiadeiro divídese nunha primeira parte de formación teórica-práctica onde o profesorado explicará como se localiza software dun xeito moi práctico o que dará pé a explicacións e resolución de dúbidas; e unha xornada de localización e lecer de 7 horas continuadas , onde os asistentes poñerán en práctica individualmente ou por parellas todos os contidos aprendidos traducindo conxuntos de cadeas dos aplicativos seleccionados:

O fiadeiro terá lugar na Aula I1 da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (Campus Vida, Santiago de Compostela). os días:

  • Xoves 25 de abril, de 12:00 a 15:00: proceso formativo previo de 3 horas (ferramentas de tradución, metodoloxía, cuestións lingüísticas: memorias de tradución, glosarios…)
  • Sábado 27 de abril, de 10:00 a 19:00 (xornada de tradución ao galego de aplicacións de software libre, baixo a supervisión do profesorado do Fiadeiro, con pequenos descansos de lecer e xantar incluído.)

O sábado 27, dado que se trata dunha actividade continuada desde as 10 ata as 19 horas, haberá petiscos, bebidas e música para facer descansos a media mañá e a media tarde. Haberá tamén un lixeiro xantar común ofrecido pola organización.

Recoñecementos e premios

  • 1 crédito de libre configuración curricular para todas as titulacións de 1º e 2º ciclo.
  • Está solicitado o recoñecemento como competencia transversal para os graos
  • Diploma de asistencia á actividade (por 12 horas). Haberá controis de asistencia en todas as sesións. Cómpre acreditar a asistencia ao 80% das horas.
  • Constancia da experiencia de tradución da aplicación encomendada.
  • Constancia nos créditos do aplicativo localizado dos seus autores ou autoras.
  • Premio “Máis e mellor” para o equipo que traduza máis cadeas e con mellor calidade: un diploma acreditativo e unha dotación económica de 0,10 euros por palabra única traducida correcta. O premio farase público no mes de maio de 2013.

Pode seguir as respostas a esta entrada vía RSS 2.0 Pode deixar unha resposta, ou seguimento.

Deixe unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>