dende o 1999 traducindo software libre ao galego
Header

The Document Foundation anuncia LibreOffice 4.0.3

Maio 9th, 2013 | Por Antón Méixome en Sen categorizar - (Comentarios desactivados)

Berlín, 09 de maio de 2013 – A Document Foundation (TDF) anuncia LibreOffice 4.0.3, para Windows, OS X e Linux, a terceira versión menor da familia de LibreOffice 4.0. os paquetes para OS X de Intel están asinados por The Document Foundation, para pasar o control de seguranza (Gatekeeper) de OS X sen intervención do usuario. Por outra banda, outra gran migración a LibreOffice se anuncia, xa que o goberno da Comunidade Autónoma de Estremadura de España acaba de comezar a mudar a software libre os (…)

-
[LibO] LibreOffice
Ler máis

keepcalm

Despois de moitos meses de constante desenvolvemento, o proxecto Debian comprácese en presentar a súa nova versión estábel 7.0 (nome en clave «Wheezy»). Esta nova versión de Debian inclúe varias características interesantes como a compatibilidade multi-arquitectura, varias ferramentas específicas para implementar nubes privadas, un instalador mellorado, e un conxunto completo de códecs multimedia e interfaces …
Ler máis

logo_trasno

O pasado sábado, 27 de abril, estivemos toda a xornada dedicados á formación de novos tradutores na USC. Celebrouse o V ETSE Open de Software Libre, tamén coñecido como Fiadeiro de localización de software libre. A xornada foi completa e os tradutores amosaron unha rapidísima asimilación do método de traballo e traduciron arreo durante todo …
Ler máis

tbl

En homenaxe a Tim Berners Lee, o CERN e como celebración do XX aniversario do nacemento da Web, presentamos a versión galega da primeira páxina web da historia – respectando, si – a peculiar linguaxe de código. Para nós resulta tamén de capital importancia o feito de que a web nace para ser libre e …
Ler máis

Ubuntu-13.04-Raring-Ringtail-1024x952

O Proxecto Trasno anuncia a nova versión en galego de Ubuntu, esta vez co tótem «Raring Ringtail» (lémur de cola anelada)  e  que fai o número 13.04, como corresponde coa nomenclatura de “ano.mes” á que xa nos ten afeitos Canonical. A nova versión de Ubuntu saíu ao público o pasado día 25 de maio. Por …
Ler máis

galpon

Tras buscar onde facer algún obradoiro, atopamonos coa Colaboración da Asoc. Xuvenil Altamar, da Residencia Altamar (As Travesas) que depende da Xunta de Galicia, nuns locais da propia Residencia que nos permiten argallar un pequeno ciclo de obradoiros aos que chamamos «Sábados libres na Altamar». Mapa en Google Maps Programa previsto   Maio, sábado 25 …
Ler máis

Piwigo 2.5.1 en galego.

Abril 22nd, 2013 | Por damufo en contribucion | galego | piwigo | tradución | trasno - (Comentarios desactivados)

Acaba de ser publicado o Piwigo 2.5.1 o cal está dispoñible en galego. Piwigo é un xestor web de galería de fotos. Esta nova versión corrixe erros principalmente introducidos por cambios de Piwigo 2.5. O paquete coa tradución ó galego … Seguir lendo
Ler máis

O vindeiro día 1 e 2 de xullo terá lugar no CAFI de Lugo o II Congreso de Ciencia para a Educación organizado pola Asociación Instituto Galego de Ciencia no que terán lugar relatorios sobre o software libre útil nas materias de ciencias e tecnoloxía. Despois do éxito de convocatoria e participación da súa primeira …
Ler máis

Publicado GNOME 3.8 en galego

Abril 17th, 2013 | Por Fran en Gnome - (0 Comentarios)
window-selection-3-8-420x236

De novo o Proxecto Trasno comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.8. Esta última actualización de GNOME 3 representa 6 meses de duro traballo do Proxecto GNOME. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface …
Ler máis

(Desde Mancomun.org) A comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC desenvolverá o V ETSE Open de SL / Fiadeiro de localización de Software Libre en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da USC e co Proxecto Trasno. Os docentes serán Enrique Estévez Fernández, coordinador do equipo galego de localización dos produtos …
Ler máis