~~NOTOC~~ ====== Tradución de GNOME a galego ====== Esta é a páxina do grupo de tradución do ambiente de escritorio GNOME a galego. A versión actual que se está a traducir é a 2.20 ==== Que é GNOME? ==== [[http://www.gnome.org|GNOME]] é un entorno de escritorio para plataformas Unix|Linux, empregando como base as librerías GTK+ o que permite ter un entorno amigable e sinxelo para o usuario. Este escritorio ten unha competencia amigabel con [[http://www.kde.org|KDE]], que é outro escritorio moi importante no software libre. Os dous traballan concienzudamente para mellorar as prestacións para os usuarios e para os desenvolvedores de aplicacións, cada 6 meses GNOME lanza unha nova versión do seu escritorio con melloras e correción de erros. GNOME ten unhas aplicacións importantes dentro do seu proxecto pero que non forman parte do seu sistema base como pode ser o [[http://www.gimp.org|GIMP]], programa de manipulación de imaxes, [[http://anjuta.sf.net|Anjuta]], IDE de programación.... Aquí embaixo podedes ver algunhas capturas de pantalla do que ven sendo un escritorio de GNOME: {{gnome:pantallazo.gif?150}} {{gnome:pantallazo2.jpg?150}} ==== Quen coordina o grupo galego? ==== O coordinador actual do grupo de tradución a galego é Ignacio Casal Quinteiro. Podes contactar con el no [[icq@cvs.gnome.org|seu enderezo]] de correo electrónico. ==== Como podo axudar? ==== Se queres colaborar na tradución dalgún paquete,terás que contactar co coordinador para que faga a asignación. Non esquezas mirar a páxina de [[trasno:recursos|recursos para os tradutores]]. Tamén é importante a axuda dos que comunican os erros de tradución. Se atopas un, escribe ao coordinador, á lista, ou mesmo no bugzilla de GNOME ==== Que hai mal na tradución? ==== Este apartado da páxina é para que o editedes. Para que poñades todos os erros, ou cousas que pensades que poderían estar mellor na tradución dalgún programa. ==== Memorias de tradución ==== Na seguinte páxina podedes atopar as [[trasno:memorias|memorias]] de tradución de Gnome. ==== Estado da tradución ==== Nova páxina de estatísticas para Gnome: * A páxina é: [[http://progress.gnome.org/languages/gl/]] Táboas de estatísticas: * Gnome 2.18: Versión actualmente estable: [[http://l10n.gnome.org/languages/gl/gnome-2-18|Estable]] 94% * Gnome 2.20: Versión actualmente en desenvolvemento: * Extras/Fifth toe/Office: Programas que forman parte do proxecto GNOME pero que non son parte do sistema base: [[http://l10n.gnome.org/languages/gl|Opcionais]] ==== Historia do grupo de tradución ==== * Setembro de 1999: O equipo de traducion galego fíxose oficial no GNOME Translation Project, con Jesús Bravo Álvarez como primeiro coordinador. * Abril de 2001: Apareceu a versión 1.4 de GNOME, a primeira con soporte parcial de galego. * Xuño de 2005: Nacho tomou a tarefa de coordinación, tras varios meses como principal contribuidor de traducións. * Setembro de 2005: Aparece GNOME 2.12, a primeira versión completamente soportada en galego. * Marzo de 2006: Sae GNOME 2.14, versión totalmente actualizada e corrixida. * Outubro de 2006: Traducida a versión de GNOME 2.16. * Marzo de 2007: Gnome 2.18; Coma sempre Gnome segue estando traducido ao galego.