~~NOTOC~~ ====== Proxecto Trasno ====== Benvido/a á web do **Proxecto Trasno**. O **Proxecto Trasno** é unha comunidade de grupos e proxectos de tradución de software libre ao galego. Os grupos están integrados por tradutores voluntarios e están sempre abertos a máis colaboracións. Levamos a funcionar desde o ano 2000, aínda que algúns dos proxectos aquí reunidos existen desde o 1999. * [[trasno:inicio|Acerca do Proxecto Trasno]] * [[trasno:recursos|Recursos para os tradutores]] * [[trasno:colaborar|Como colaborar en Trasno]] * [[trasno:ligazons|Ligazóns]] * English: [[trasno:english|About Trasno Project and Galician]] ===== Novas ===== * **20/04/2008**: Reactivouse a tradución de openSuse. Se queres colaborar envía unha mensaxe á lista de correo. * **20/04/2008**: Reactivouse a tradución no Translation Project. Se queres colaborar envía unha mensaxe á lista de correo. * **21/03/2008**: Estamos buscando información para actualizar a páxina sobre a tradución da distribución Mandriva. Polo de agora pódense consultar as estatísticas en [[http://mdk.jack.kiev.ua/stats/gui/trunk/team/gl/|Estatísticas de tradución de Mandriva (sitio non oficial)]]. * **16/03/2008**: Engadiuse no apartado de Recurso para os tradutores -> Listaxe, as ligazóns ao servizo de dicionario de KDE, posto a andar a comezos de marzo de 2008. * **14/03/2008**: Dada a proximidade do lanzamento de KDE 4.1, recoméndase a todos os voluntarios adicados á tradución deste escritorio e dos seus programas, que deixen calquer versión anterior e se adiquen a esta. A coordinación, coma sempre, através da lista de correo. * **28/05/2007**: Engadíronse no apartado de Recursos para os tradutores -> Listaxe dúas ligazóns -> Vocabularios, dúas novas ligazóns: PhotoShop Português/ Inglês e Tradución de Comandos de Photoshop - Ingles a Español. * **10/04/2007**: Engadíronse no apartado de recursos para tradutores as Memorias de tradución de Gnome. * **21/02/2007**: Hoxe foi publicado KOffice 1.6.2, que inclúe por primeira vez tradución ao galego. Está completa nun 97% da gui, e adicionalmente disponse do 5% da documentación traducida e acesíbel nos repositorios. Esperamos aumentar esta porcentaxe nos vindeiros meses. * **13/02/2007**: Engadiuse unha [[trasno:recursosnaweb|listaxe]] de ligazóns a dicionarios e vocabularios en liña que poden ser de utilidade para todos os tradutores voluntarios. * **05/02/2007**: Acaba de anunciarse a versión 0.45 de [[outros:inkscape|Inkscape]], traducido nun 57%. En próximas versións mellorarase e ampliarase a tradución. * **22/10/2006**: Saiu a última versión de [[mandriva:inicio|Mandriva]], a 2007, traducida ó galego nun 91%. É certo que aviso un pouco tarde, pero mellor tarde ca nunca. * **31/07/2006**: Engadido un [[trasno:transliterador|transliterador]] de portugués para galego na sección de [[trasno:recursos|recursos para tradutores]]. * **31/07/2006**: Engadiuse unha [[trasno:lista_paises|lista de países e rexións]]. * **31/07/2006**: Engadidas as recomendacións do [[trasno:glosario|glosario técnico]] ao [[trasno:normativizador|normativizador]]. * **27/07/2006**: Engadíronse novas traducións de documentación na sección de [[documentacion:inicio|documentación]]. * **27/07/2006**: Engadido un [[trasno:normativizador|normativizador]] na sección de [[trasno:recursos|recursos para tradutores]] para adaptar automaticamente as traducións á normativa do 2003. * **21/07/2006**: Inauguramos a nova web de Trasno, baseada nun sistema wiki. Aínda non está rematada, esperamos ir completándoa nas próximas semanas. ===== Colaboradores ===== Velaquí os proxectos e grupos de tradución que se agrupan no Trasno \\ (máis información sobre colaborar dentro de cada sección): [[trasno:colaborar|{{ colaborar.jpg}}]] * [[tp:inicio|Free Translation Project]] (GNU e outros) * Ambientes de escritorio: * [[gnome:inicio|Tradución de GNOME]] * [[kde:inicio|Tradución de KDE]] * [[xfce:inicio|Tradución de Xfce]] * [[outros:inicio|Outras traducións de aplicacións]] * Distribucións de GNU/Linux: * [[debian:inicio|Tradución de Debian]] * [[mandriva:inicio|Tradución de Mandriva Linux]] * [[fedora:inicio|Tradución de Fedora]] * [[suse:inicio|Tradución de openSUSE]] * [[documentacion:inicio|Tradución de documentación]] ===== Grupos externos ===== Ademáis dos proxectos mostrados enriba, outras aplicacións de software libre están a ser traducidas por grupos externos a Trasno. Nestas páxinas hai máis información sobre estas traducións: * [[outros:firefox|Mozilla Firefox]] * [[outros:openoffice|Open Office]] * [[outros:phpbb|phpBB]]