====== Tradución de KDE a galego ====== Esta é a páxina sobre o grupo de tradución a galego do ambiente de escritorio [[http://www.kde.org|KDE]]. Se queres colaborar, vai directamente a sección [[inicio#Como podo colaborar?|Como podo colaborar?]] como pequena introdución. Velaquí un resumo dos recursos para a tradución. * [[trasno:estilo|Guía de estilo]] para as traducións * [[trasno:glosario|Dicionario técnico inglés-galego]] * [[kde:kbabel|Pequena guía]] para KBabel e o seu xestor de catálogos. ==== Que é KDE? ==== O K Desktop Environment, ou [[http://www.kde.org|KDE]], é un ambiente de escritorio baseado nas librarías [[http://www.qtsoftware.com/|Qt]], amplamente empregado nas distribucións [[http://www.linux.org|Linux]], [[http://www.freebsd.org|FreeBSD]] e [[http://www.netbsd.org|NetBSD]], así como noutras plataformas. ([[http://gl.wikipedia.org/wiki/KDE|Máis información]]) Hoxe en día, o escritorio de KDE, xunto con [[gnome:inicio|Gnome]], constitúese como unha das mellores opcións de escritorio para os sistemas operativos de código aberto, xa que ofrecen unha grande funcionalidade calquera que sexa o nivel de esixencia que teña o usuario. Dispoñendo dun dos conxunto de ferramentas máis amplo entre os ambientes de escritorio ceibes (multimedia, gráficos, rede e internet, oficina, desenvolvemento, xogos, educación, ciencia ...) , o uso doado e o deseño agradábel, fan de KDE un sistema de escritorio de grande calidade, e multiplataforma. {{kde:kde_41_aya.jpeg?500}} {{kde:kde_41_oxygen.jpeg?500}} O [[kde:inicio|proxecto de tradución de KDE ao galego]], integrado no [[inicio|proxecto Trasno]], tenta adaptar o ambiente KDE á poboación galegofalante mediante a tradución da interface e da documentación. Neste conxunto de traducións inclúese ademais a suite ofimática [[http://koffice.kde.org|Koffice]] e os programas que non seguen o ciclo de versións do escritorio, como [[http://www.k3b.org|K3b]], [[http://amarok.kde.org|Amarok]] , [[http://digikam.org|Digikam]] ou [[http://kaffeine.sourceforge.net|Kaffeine]], entre outros moitos agrupados en torno ao apartado [[http://extragear.kde.org|KDE Extragear]]. A tradución aquí realizada inclúese automaticamente na distribución oficial de KDE e nos programas extraoficiais, o que quere dicir que, excepto demoras, calquera distribución de Linux ou BSD leva consigo a versión en galego e polo tanto non é preciso descargar ningunha tradución por separado desde esta páxina (salvo que se trate dun caso especial) para dispor dun entorno KDE traducido. A tradución de KDE, ao igual que calquera dos proxectos de tradución agrupados en Trasno, é levada a cabo (que non sempre a bo termo) polo voluntariado. Hai unha excelente sección de [[trasno:faq|preguntas frecuentes]] onde se explica isto e máis algo (bastante) da filosofía do sw libre en xeral e do carácter desinteresado de Trasno. ==== Como podo colaborar? ==== O único requisito para colaborar é ter coñecementos de inglés técnico suficientes para facer as traducións e un coñecemento alto de galego en rexistro formal (apreciaríase tamén un pouco de coñecemento básico de sistemas UNIX). Na sección de [[trasno:recursos|recursos para tradutores]] atoparás información xeral sobre como facer as traducións. En concreto paga a pena ler a [[trasno:guia|Guía para a tradución]] se é a primeira vez que se aborda este tema e ter a man o [[trasno:glosario|glosario de termos técnicos]] para despexar dúbidas. Tamén se recomenda ler previamente a [[trasno:estilo|guía de estilo]] para adquirir (ou queixarse!) os convenios que adoitamos ter. Para asignar ou desasignar apartados diríxete directamente ao coordinador. Faino sen teimas se tamén tes algunha queixa ou suxestión. A tradución divídese en [[http://l10n.kde.org/stats/gui/trunk/gl/index.php|módulos]] os cales á súa vez divídense en paquetes ou programas. Como o número de apartados xa é grande, a cada tradutor asígnaselle un apartado no que traballará indefinidamente ou non, segundo queira. Cando o colaborador queira traducir un programa distinto que non se atope nos apartados que ten asignados, entón deixará libre un apartado e tentará que se lle asigne, se é posíbel, o apartado correspondente ao programa en cuestión. ==== Axuda específica para traducir KDE ==== Se les a [[trasno:guia|guía xeral]] para a tradución de programas hai un punto no que se menciona o repositorio como vía para manter actualizadas as traducións e ter maior control do traballo en conxunto. Desde o grupo de KDE recoméndase ter un repositorio local (copia local do servidor de KDE onde están as traducións oficiais e as mensaxes sen traducírense) para manter ao día en conxunto todas as traducións (e de paso poder usar funcionalidades como o xestor de proxectos do Lokalize para simplificar o proceso de tradución). Deste xeito, terás no teu ordenador unha copia exacta, que poderás actualizar cando queiras, do conxunto de traducións e poderás traballar sen necesidade de facer as descargas manualmente. Para facer isto crea un cartafol no teu disco duro adicado á tradución (un cartafol "Traducións" no cartafol persoal) e unha vez dentro executa dende a consola as seguintes ordes (precísase ter instalado un cliente de Subversion, SVN): == Versión simple == * Obtén unha copia do ficheiro "trasno_firsttime.sh", que se pode obter [[http://websvn.kde.org/*checkout*/trunk/l10n-support/gl/coordinator_helper_scripts/trasno_firsttime.sh|de KDE]] * Executa tal ficheiro: $ bash trasno_firsttime.sh gl * Obrar como se indica no ficheiro axuda.txt que se instalou en "$HOME/Traducion/KDE/trunk/l10n-support/gl/coordinator_helper_scripts" Traducir: executar a orde "anovar.sh gl [chave_ssh]" e empregar o lokalize para traducir. Entregar: enviarlle a quen actúe como coordinador os ficheiros que se teñan traducido. == Para afoutos == * Crear un cartafol específico para a versión de KDE correspondente (pode facerse con dolphin): mkdir -p $HOME/Traducion/KDE * Dentro dun cartafol para as traducións da versión en desenvolvemento (nome típico: gl): svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/gl * Dentro dun cartafol para os modelos (nome típico: templates): svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/templates * É moi útil dispor tamén dos scripts svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/scripts Para evitar problemas de conflitos ao actualizar entre a copia local e a entregada, recomendase actualizar só a copia local dos modelos, e facer a posta ao día da copia de ficheiros traducidos mediante os scripts, a secuencia de ordes é: * cd ~/Traducións/KDE4.x #onde o xis é o número da versión na que se estea a traballar * svn update ./templates * ./scripts/merge_all.sh gl #verificar que o script teña permisos de execución O coordinador debe realizar esta operación dun xeito diferente. Tamén podes, no proxecto de Lokalize, indicar a rota a estes dous cartafoles e xestionar as traducións directamente desde este programa. Se xa fixeches a copia local do repositorio (paso anterior) lé a documentación de Lokalize. ==== Quen é o coordinador? ==== O coordinador actual do grupo é Marce Villarino. Envíalle unha mensaxe a **** se queres colaborar ou para calquera cuestión. ====Estado das traducións==== Na actualidade a póla en desenvolvemento de KDE atópase traducida ao galego en máis dun 90% (ver [[http://l10n.kde.org/stats/gui/trunk/toplist.php|lista de linguas]] por orde). A última versión estábel, a 4.3, atópase traducida ao galego nun 90%. Para ver as estatísticas de tradución da póla estábel ou da póla en desenvolvemento usa estas ligazóns oficiais: * Póla 4.3 (estábel) http://l10n.kde.org/stats/gui/stable-kde4/team/gl/ * Póla 4.x (en desenvolvemento ou "trunk") http://l10n.kde.org/stats/gui/trunk-kde4/team/gl/ Os tradutores en activo son Marce Villarino, Xosé Calvo, Miguel Branco e Manuel A. Vázquez (esquécese algún?). Tamén colaboraron no seu día Pedro Suárez, Rodrigo Boado, Martina Ramilo, Javier Jardón, Jorge Baz, Máximo Coejo, Leandro Regueiro,Gonzalo H.Castilla, Jesús Bravo e Xabi G. Feal. ==== Historia ==== * Agosto de 2000: O equipo de tradución ao galego fíxose oficial no proxecto de localización de KDE, con Jesús Bravo Álvarez e Alejandro Pose como primeiros coordinadores. * Setembro de 2003: Xabi García Feal tomou o cargo de coordinador principal do proxecto de tradución a galego. * Xuño do 2005: O nivel de tradución na póla en desenvolvemento acada o 44 %. * Setembro de 2006: O nivel de tradución na póla "trunk" acada o 80% * Decembro de 2006: Comeza o traballo na documentación da póla estábel. * Xaneiro de 2007: O nivel de tradución na póla estábel acada o 77%. * Xullo de 2008: Sae KDE 4.1 traducida ao 92%, a galla estábel acada o 95%. * Agosto de 2008: A versión en desenvolvemento acada o 99%, e disponse da infraestrutura para traducir os textos común de docbook. * Xaneiro de 2009: Acadamos o 100% na versión estábel. Por desgraza, o ritmo dos desenvolventes é case imposíbel de seguir.