~~NOTOC~~ ====== Distribución openSUSE ====== A distribución openSUSE apareceu a principios de 2006 como a herdeira da SuSE Linux. Ten varias utilidades traducibles, principalmente a ferramenta de instalación de configuración YaST. O proxecto de tradución a Galego estaba abandonado desde 2001. Dende mediados de marzo se 2008 estamos a retomar a tradución [[leandro.regueiro@gmail.com|Leandro Regueiro]] e [[xixirei@yahoo.es|Manuel Vázquez]]. Se quere colaborar escriba á [[trasno:lista|lista de correo de Trasno]] ou póñase en contacto cos coordinadores. Precisamos da súa axuda! Para facilitar a coordinación do grupo, imos empregar a plataforma [[http://www.os-translation.com.ar|Verbum]], na que o Equipo de Tradución de openSUSE ao Galego ten un espazo para a asignación de tarefas, a información do estado da tradución e demais, todo de xeito colaborativo e en liña. ==== Ligazóns ==== * [[http://www.opensuse.org|Web oficial de openSUSE]] * [[http://en.opensuse.org/OpenSUSE_Localization_Guide|Guía para a tradución de openSUSE]] * [[http://www.os-translation.com.ar|Plataforma de axuda para tradutores Verbum]] * [[http://i18n.opensuse.org/stats/trunk/gl/index.php|Estatísticas de tradución ó galego]] ==== Historia do grupo de tradución ==== * Xuño de 2000: Creado o grupo de tradución a galego, con Jesús Bravo Álvarez como primeiro coordinador. * Agosto de 2000: Publicada SuSE Linux 7.0, primeira versión da distribución con soporte parcial de galego. * Maio de 2001: Proxecto abandonado pola ausencia de colaboradores interesados. * Marzo de 2008: Retomado o proxecto de tradución. * Xuño de 2008: Primeiros resultados. openSuse 11 ó 39,65%