~~NOTOC~~ ====== Free Translation Project ====== Esta é a páxina sobre a equipa galega de tradución no "Translation Project" da Universidade de Montreal. ==== Que é o Free Translation Project? ==== O "Translation Project" (ou TP) é un proxecto de tradución de diversas utilidades e aplicacións de software libre. Os autores destas aplicacións décenlle ao TP a xestión das traducións (organización de grupos para cada lingua, asignación de responsables, recollida, procesamento e envío dos ficheiros traducidos), aproveitando o sistema automatizado do que dispón o TP. Inicialmente estaba ligado ao proxecto GNU, polo que as ferramentas deste proxecto seguen a ser maioritarias, aínda que non as únicas, como se pode comprobar na [[http://translationproject.org/domain/index.html|lista de aplicacións]] dispoñibles para traducir. ==== Quen coordina o grupo galego? ==== Actualmente non hai ningún responsable para este grupo de tradución. Se queres colaborar, escribe á [[trasno:lista|lista de correo]] ou directamente a [[tsao@enelparaiso.org|Francisco Javier Tsao Santín]], o actual coordinador. ==== Requisitos especiais para as utilidades GNU ==== Para o caso particular das ferramentas do proxecto GNU, é previamente imprescindíbel encher, imprimir, asinar e enviar o que lle chaman un 'Translation Disclaimer', no que, en resume, declaras que non vas tentar impoñer límites á distribución das traduccións de utilidades GNU que fagas. Podes atopar [[tp:disclaimer|nesta páxina]] información máis detallada sobre o disclaimer e o procedemento para envialo. ==== Ligazóns ==== * [[http://translationproject.org/html/welcome.html|Web do Translation Project]] * [[http://translationproject.org/team/gl.html|Estatísticas de tradución]] do equipo galego ==== Historia do grupo de tradución ==== * Xullo de 1999: Creado o grupo de tradución a galego do GNU Translation Project, con Jacobo Tarrío como coordinador. * Abril de 2008: Reactivado o grupo de tradución ó galego do GNU Translation Project, con Francisco Javier Tsao Santín como coordinador.