====== Como colaborar ====== =====Escolle o grupo===== O primeiro que debes facer é escoller algún grupo de tradución no que che interese traballar. Fala co coordinador do grupo e segue as instrucións que se atopen na súa sección ou, se queres adiantarte, lé o apartado [[trasno:recursos|recursos para tradutores]] onde atoparás información xeral sobre a tradución de programas e documentación, un dicionario inglés-galego técnico e unha guía de estilo. Amósanse a continuación os diferentes grupos: ^ Grupos de tradución ^^^ |[[gnome:inicio|{{trasno:gnome.png?50}}]] \\ **Gnome** |[[debian:inicio|{{trasno:debian.jpg?46}}]]\\ **Debian**|[[kde:inicio|{{trasno:kde.png?56}}]]\\ **KDE**| |[[suse:inicio|{{trasno:suse.png?69}}]]\\ **SuSE**|[[fedora:inicio|{{trasno:fedora.jpg?45}}]]\\ **Fedora**|[[mandriva:inicio|{{trasno:mandriva.jpg?55}}]]\\ **Mandriva**| Tamén podes colaborar facendo a tradución dalgún programa en particular que non se atope incluído en ningún dos grupos anteriores. Para iso, recoméndase avisar na [[trasno:lista|lista de correo]] antes de pórse a traducir (é posíbel que xa se estivera a traducir). Unha vez traducido envíanos a tradución, se queres, para poñela na lista de [[outros:inicio|outras aplicacións]] e logo envíalla ao(s) autor(es) do programa.