~~NOTOC~~ ====== Dicionario Técnico Inglés-Galego ====== Este é o noso dicionario informático especializado en Linux. Para cada palabra inglesa, pode haber varias posíbeis traducións ao galego (indicadas con números). Cada unha delas leva a categoría gramatical que lle corresponde, e nalgúns casos indícase se é unha forma recomendada sobre as outras. Ademais, inclúese ás veces un comentario para clarexar pequenos matices sobre as traducións, ou facer mención de formas incorrectas. Podes baixar o dicionario orixinal en formato {{trasno:trasnodicc.sgml.tar.gz|SGML}}. Para usalo, necesitarás o {{trasno:dicc.dtd.tar.gz|DTD}}, o convertedor a {{trasno:dicc2html.htm|HTML}} e o script para o {{trasno:flt_html.pl.tar.gz|SGMLSPL}}, feitos por [[jtarrio@trasno.net|Jacobo Tarrío Barreiro]]. Podes consultar outros dicionarios informáticos en: * [[http://sli.uvigo.es/CLIG/|Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo]] ===== Índice alfabético ===== [[#A|A]] [[#B|B]] [[#C|C]] [[#D|D]] [[#E|E]] [[#F|F]] [[#G|G]] [[#H|H]] [[#I|I]] [[#J|J]] [[#K|K]] [[#L|L]] [[#M|M]] [[#N|N]] [[#O|O]] [[#P|P]] [[#Q|Q]] [[#R|R]] [[#S|S]] [[#T|T]] [[#U|U]] [[#V|V]] [[#W|W]] [[#X|X]] [[#Y|Y]] [[#Z|Z]] ==== A ==== **abort** 1. v.i. abortar 2. v.i. cancelar **about** 1. prep. acerca de **accelerator** 1. n.m. atallo (de teclado) **account** 1. n.f. conta **add** 1. v.t. engadir Non son correctos 'añadir' nin 'adicionar' **add-on** 1. n.f. extensión 2. n.m. complemento **address** 1. n.m. enderezo (recomendado) 2. n.f. dirección **alias** 1. n.m. alcume 2. n.m. alcuño 3. n.m. sobrenome 4. n.m. alias **align** 1. v.t. aliñar **allocate** 1. v.t. asignar Evitar os barbarismos 'alocar' ou 'alocatar' **appearance** 1. n.f. aparencia 'Apariencia' é castelanismo **applet** 1. n.f. applet (recomendado) 2. n.f. miniaplicación 3. n.f. aplicacionciña É preferible deixalo en inglés, con xénero feminino por vir de 'aplicación' **archive** 1. v.t. arquivar **archive** 1. n.m. arquivo **arrow** 1. n.f. frecha 'Flecha' é incorrecto **attach** 1. v.t. incluír (recomendado) 2. v.t. anexar 3. v.t. achegar Usar 'anexar' ou 'achegar' cando 'incluír' poida resultar ambigua **attachment** 1. n.m. anexo A palabra 'adxunto' non está recomendada **attribute** 1. n.m. atributo A palabra 'característica' non está recomendada **authenticate** 1. v.t. autenticar (recomendado) 2. v.t. autentificar 'Autenticar' é a única opción que recolle o VOLG. **authentication** 1. n.f. autenticación (recomendado) 2. n.f. autentificación **axis** 1. n.m. eixe 'Eixe' é a forma recomendada pola RALG en vez de 'eixo'. ==== B ==== **backend** 1. n.m. motor **background** 1. n.m. fondo **backup** 1. n.f. copia de seguridade (recomendado) 2. n.m. backup **backup** 1. v.t. facer (unha) copia de seguridade **ban** 1. v.t. (xeral) excluir, inhabilitar, recusar, vedar **banner** 1. n.m. cartel (publicitario) **baseline** 1. n.f. liña base dos caracteres **bell** 1. n.f. campá 'campana' é castelanismo **bind** 1. v.t. asociar **binding** 1. n.f. asociación 2. n.f. asignación 3. n.m. atallo (de teclado) **bitmap** 1. n.m. mapa de bits **bitrate** 1. n.m. taxa de bits **blame** 1. v.t. (repositorios) responsabilizar, atribuir a autoría, culpar **blink** 1. v.i. pestanexar (recomendado) 2. v.i. palpebrexar 3. v.i. escintilar **block** 1. n.m. bloque 'Bloco' é lusismo **blur** 1. v.t. desenfocar 2. v.t. esvaecer Non usar 'difuminar' **bold** 1. adx. grosa 2. adx. negra **bookmark** 1. n.m. marcador (recomendado) 3. n.m. marcapáxinas 2. n.m. favorito **boot** 1. v.t. arrincar 2. v.t. iniciar 3. v.t. arrancar **bootloader** 1. n.m. cargador de arrinque 2. n.m. cargador de inicio 3. n.m. xestor de arrinque 4. n.m. xestor de inicio **border** 1. n.m. bordo 'Borde' é castelanismo **bot** 1. n.m. robot (programa informático que se fai pasar por unha persoa) **breakpoint** 1. n.m. Punto de interrupción [recomendado] 2. n.m. Punto de parada **browse** 1. v.t. buscar 2. v.t. procurar 3. v.t. examinar 4. v.t. navegar 5. v.t. explorar É unha palabra que aparece en moitos contextos. Pode servir para "browse a webpage/manpage" (navegar, explorar), "browse a list of entries" (examinar, explorar), "Browse..." (para atopar un ficheiro) (buscar, procurar, examinar, explorar) **browser** 1. v.t. navegador (recomendado) 2. v.t. explorador **buddy** 1. n.m. colega 2. n.m. amigo **buddy icon** 1. n.f. imaxe persoal **buffer** 1. n.m. buffer 2. n.f. memoria intermedia Aínda que existan posíbeis traducións como "memoria intermedia" ou "almacenamento temporal", recoméndase usar o termo en inglés para evitar confusións. **bug** 1. n.m. erro (recomendado) 2. n.m. bug **build** 1.v.t. e v.i (desenvolvimento; xeral) construir [recomendado] 2.v.t. e v.i. (desenvolvimento) compilar 3. v.t. e v.i. (procesamento de información) xerar **build-in** 1. v.t.(xeral) incorporar Evítese traducir como incrustar ou análogas **built-in** 1.n.m. e n.f (xeral) Incorporado, -a **button** 1. n.m. botón **byte** 1. n.m. byte (recomendado) 2. n.m. octeto ==== C ==== **cache** 1. n.f. caché 2. n.f. memoria caché **calendar** 1. n.f. axenda 2. n.m. calendario Moitos programas usan 'calendar' para se referir ó lugar onde se apuntan as cousas que hai que facer nun plano horario. Isto denomínase comunmente en galego, portugués e castelán como 'axenda', malia que algúns coñecidos programas de Microsoft usen 'calendario'. **cancel** 1. v.t. cancelar **canvas** 1. n.m. lenzo **card** 1. n.f. tarxeta (recomendado) 2. n.f. placa **caret** 1. n.m. acento circumflexo 2. n.m. cursor, ponto de inserción, sinal de inserción Por "cursor" normalmente enténdese un punto que é estabelecido mediante o rato e que adoita ter forma de frecha ou de cruz. Porén "caret" é o sinal gráfico dos editores que indica onde se escrebe texto, e adoita ter a forma dunha barra vertical con dúas gallas en riba e outras dúas en baixo, horizontais, a cada lado da vertical. **cell** 1. n.f. cela 'Celda' é castelanismo **change** 1. v.t. trocar (recomendado) 2. v.t. mudar 3. v.t. cambiar **channel** 1. n.f. canle (recomendado) 2. n.m. canal Na maioría das situacións no contexto da informática pódese usar 'canle'. **charset** 1. n.m. xogo de caracteres **check** 1. v.t. comprobar 2. v.t. verificar 2. v.t. marcar (un cadro) **childframe** 1. n.f (gui) subxanela, subfiestra. É un modo das interfaces gráficas, algo arcaico, no cal unha fiestra aparece incluída dentro de outra. **choose** 1. v.t. escoller 2. v.t. elixir 'Elexir' é castelanismo **click** 1. v.t. premer 2. v.t. calcar 3. v.t. facer clic Evítense os barbarismos 'clicar' ou 'cliquear'. Usar 'facer clic' cando sexa necesario (por exemplo, traducir 'double click' por 'facer dobre clic') **clipboard** 1. n.m. portarretallos (recomendado) 2. n.f. área de transferencia 3. n.m. portapapeis **clock** 1. n.m. reloxo 'Reloxio' non é correcto. **close** 1. v.t. pechar (recomendado) 2. v.t. fechar 3. v.t. cerrar **closed captioning** 1.n.m subtítulos opcionais O sistema de subtítulos opcionais diferénciase do de subtítulos convencionais en que non forman parte integral da imaxe mostrada no televisor, senón que poden mostrarse ou non á vontade do espectador. Para velos fai falla un descodificador especial, que ven integrado nalgúns televisores. Van codificados na liña 21 do (VBI). **cluster** 1. n.m. cluster (recomendado) 2. n.m. bloque **color** 1. n.f. cor (recomendado) 2. n.f. color Ámbalas dúas formas son femininas. **column** 1. n.f. columna **command** 1. n.m. comando (recomendado) 2. n.f. orde Aconséllase 'comando' por ser 'orde' confusa, aínda que o seu significado sexa máis exacto **completion** 1. n.m. completado **computer** 1. n.m. ordenador (recomendado) 2. n.m. computador **connector** 1. n.m. conectador Non usar 'conector' **control** 1. n.m. control 'controlo' é lusismo O plural irregular é 'controles', non 'controis' **convert** 1. v.t. converter 'Convertir' é castelanismo **core file** 1. n.m. ficheiro core 'Núcleo' non é correcto neste contexto. **cryptography** 1. n.m. cifrado 2. n.f. criptografía **cursor** 1. n.m. cursor **customize** 1. v.t. personalizar 'Persoalizar' é pseudo-galeguismo. Evita-lo barbarismo 'customizar' ==== D ==== **daemon** 1. n.m. daemon A palabra galega 'demo' equivale habitualmente en inglés a 'demon'. 'Daemon' é un latinismo empregado no mundo Unix como un acrónimo co significado de 'Disk And Execution MONitor'. Aínda que a escolla da palabra ten relación co seu significado orixinal de 'divindade adscrita ó destino dunha persoa' (que en calquera caso non se corresponde co máis habitual en galego), é aconsellable non traducila para así mante-lo termo como un acrónimo. **data** 1. n.m. datos 'Data' en inglés é plural **date** 1. n.f. data 'Fecha' é castelanismo. **debug** 1. n.f depuración (recomendado) 2. n.m. debug **debug** 1. v.t. depurar **decrypt** 1. v.t. descifrar **default** 1. adx. por defecto 2. adx. por omisión 3. adx. predeterminado 4. adx. predefinido **default** 1. n.m. predefinición **delete** 1. v.t. borrar **deliver** 1. v.t. entregar 2. v.t. enviar **description** 1. n.f. descrición 'Descripción' é castelanismo **deselect** 1. v.t. deseleccionar **desktop** 1. n.m. escritorio **develop** 1. v.t. desenvolver Non se pode utilizar 'desenrolar' con este significado **development** 1. n.m. desenvolvemento **device** 1. n.m. dispositivo **directory** 1. n.m. directorio **disable** 1. v.t. desactivar 2. v.t. deshabilitar **diskette** 1. n.m. disquete (recomendado) 2. n.m. disco Só usar disco cando non haxa confusión con outra clase de discos **display** 1. v.t. amosar 2. v.t. mostrar 3. v.t. escribir 4. v.t. visualizar **display** 1. n.f. pantalla 2. n.m. visualización 3. n.m. display **dock** 1. v.t. acoplar **download** 1. v.t. baixar 2. v.t. descargar 3. v.t. recibir **download** 1. n.f. descarga **draft** 1. n.m. borrador **drag** 1. v.t. arrastrar **draw** 1. v.t. debuxar 'Dibuxar' é castelanismo **drive** 1. n.f. unidade **driver** 1. n.m. controlador (recomendado) 2. n.m. driver Usar 'driver' só cando a forma 'controlador' sexa confusa. **drop** 1. v.t. soltar **dump** 1. v.t. envorcar 'Volcar' é castelanismo ==== E ==== **edge** 1. n.f. beira 2. n.m. límite 3. n.m. bordo **e-mail** 1. n.m. correo-e 2. n.m. correo electrónico 3. n.m. e-mail Usar 'mensaxe' cando sexa contable (ver o comentario de 'mail') **emboss** 1. n.m. (procesamento de imaxe) relevo, elevación 2. v.t. (procesamento de imaxe) elevar Úsase en xeral como nome dunha extensión ou filtro de procesamento de imaxes que dá un efeito de profundidade ou saliencia a unha superficie. **empty** 1. adx. baleiro **empty** 1. v.t. baleirar **enable** 1. v.t. activar 2. v.t. habilitar **encrypt** 1. v.t. cifrar 'Encriptar' non é correcto (segundo as interpretacións, poderíase entender como 'meter nunha cripta') **encryption** 1. n.m. cifrado **enter** 1. v.t. introducir ('Enter your name' = 'Introduza o seu nome') 2. v.t. entrar ('Enter directory' = 'Entrar no directorio') **environment** 1. n.m. ambiente (recomendado) 2. n.m. contorno 'Entorno' é castelanismo **expire** 1. v.t. caducar **extended partition** 1. n.f. partición estendida 'Estendida' ven de 'estender', polo que se grafa con 's'. ==== F ==== **fail** 1. v.t. fallar 2. v.t. errar 'Faiar' é incorrecto **fail** 1. n.f. falla (recomendado) 2. n.m. erro (recomendado) 3. n.m. fallo 'Fallo' non está aconsellado por algúns diccionarios, pero está admitido no da Real Academia. **fallback** 1. adx. de reserva 2. adx. de emerxencia **fatal error** 1. n.m. erro moi grave (recomendado) 2. n.m. erro fatal **favicon** 1. n.f ícona de páxina O nome "favicon" procede do inglés "favorites icon" e reférese ás pequenas imaxes no formato *.ico com de cerca de 16x16 píxeles que fican gardadas nun sitio web para ser mostrados xunto ao URL ou ao nome da páxina, no navegador. **feature** 1. n.f. funcionalidade 2. n.f. característica 3. n.f. capacidade 4. n.f. función **file** 1. n.m. ficheiro (recomendado) 2. n.m. arquivo Recoméndase deixar 'arquivo' para 'archive', para poder traducir cousas do inglés como 'Compress files in an archive' 'Ficheiro' e 'fichero' son as formas ibéricas do portugués e o castelán. A presencia de 'arquivo' e 'archivo' débese á influencia sudamericana. As traduccións castelás son comúns e optan por 'archivo'. As traduccións portuguesas son distintas ás brasileiras, e manteñen por iso a forma 'ficheiro'. Nas outras linguas románicas, úsase sempre a forma con esa raíz: francés (fichier), catalán (fitxer), italiano (file), romanés (fisier), occitano (fiquier) valón (fitchî) file **file** 1. v.t. arquivar Non temos nada semellante a 'ficheirar', así que temos que usar 'arquivar'. É un verbo pouco habitual **fill** 1. v.t. encher 1. v.t. completar A tradución depende do contexto. **fill** 1. n.m. recheo **find** 1. v.t. buscar 2. v.t. atopar Depende do contexto. Os ingleses usan 'find' co senso de 'buscar' **firewall** 1. n.m. cortalumes (recomendado) 2. n.f. devasa (recomendado) 3. n.f. barreira de control **flag** 1. n.m. flag 2. n.f. bandeira 3. n.f. marca 4. n.m. sinalador **floppy disk** 1. n.m. disquete **folder** 1. n.f. cartafol (recomendado) pl. cartafoles (Palabra composta por carta e fol. Fol é monosílabo e forma o plural con foles) 2. n.f. pasta **font** 1. n.f. fonte 2. n.m. tipo de letra Non usar 'tipografía'. Non usar 'fonte' en contextos onde sexa preferible usar 'tipo de letra' **foreground** 1. n.m. primeiro plano **format** 1. n.m. formato **format** 1. v.t. formatar 2. v.t. dar formato 'Formatear' non é unha tradución correcta **frame** 1. n.m. fotograma 2. n.m. marco **friendly** 1.-[xeral] adx. simpático 2.-[xeral] adx. acolledor user ~: fácil de usar; de manexo simples printer ~: versión para imprimir; formato para imprimir **frontend** 1. n.f. interface **full screen** 1. n.f. pantalla completa ==== G ==== **gateway** 1. n.m. gateway 2. n.f. pasarela **gesture** 1. n.m [xeral] aceno 2. n.m [xeral] xesto Rocker ~ : [gui] aceno cos botóns Shape ~ : [gui] aceno co rato Os acenos feitos cos botóns e co rato son dous xeitos diferentes de activar funcións dun programa mediante un sistema de atallo que non emprega máis que o rato. No primeiro caso é a secuencia na que se premen os botóns a que serve de atallo, no segundo é a figura que se debuxa do rato, mantendo unha tecla premida. Son habituais en navegadores web, están disponíbeis en konqueror, firefox e Opera. **glossy paper** 1. n.m. papel brillante En galego non existe a palabra 'satinado' **glyph** 1. n.m símbolo 2. n.m glifo **gradient** 1. n.m. degradado (recomendado) 2. n.m. gradiente **grid** 1. n.m. enreixado 'Rexiña' e 'relliña' non son correctos. **guideline** 1. n.f. liña-guía Non confundir con 'guidelines'. **guidelines** 1. n.f. liñas mestras 2. n.f. directivas 3. n.f. normativa 4. n.f. orientacións 5. n.f. liñas-guía (mirar 'guideline') ==== H ==== **handle** 1. v.t. manexar 2. v.t. xestionar **handler** 1. n.m. manexador 2. n.m. xestor **hard disk** 1. n.m. disco duro (recomendado) 2. n.m. disco ríxido **head** 1. n.f. cabeceira 2. n.f. cabeza **help** 1. n.m. axuda **hide** 1. n.m. agochar (recomendado) 2. n.m. esconder 3. n.m. ocultar **highlight** 1. v.t. resaltar (recomendado) 2. v.t. realzar **highlight** 1. n.m. resalte (recomendado) 2. n.m. realce **host** 1. n.f. máquina 2. n.m. servidor 'Hóspede' non é correcto. **however** 1. sen embargo 2. non obstante 3. en troques 4. ainda así 'Nembargantes' non é correcto. **hub** 1. n.m (hardware, redes) concentrador ==== I ==== **icon** 1. n.f. icona Non son correctos 'icono' nin 'ícone'. **iconify** 1. v.t. iconificar **inbox** 1. n.f. caixa de correo (recomendado) 2. n.m. buzón **inch** 1. n.f. polgada 'Pulgada' é castelanismo. **incoming** 1. n.f. entrante **indent** 1. v.t. sangrar Evitar o barbarismo 'indentar' **indentation** 1. v.t. sangría Evitar 'sangrado' e o barbarismo 'indentado' **indexer** 1. n.m. indexador 2. n.m. catalogador 3. n.m. rexistrador **inode** 1. n.m. inode 2. n.m. inodo A palabra orixinal 'node' ten un significado difuso, polo que se lle asigna ó termo 'nodo'. **insert** 1. v.t. inserir (recomendado) Non usar 'Insertar' **interface** 1. n.f. interface 'Interfaz' é castelanismo. **invert** 1. v.t. inverter 'Invertir' é castelanismo **italic** 1. adx. cursiva **item** 1. n.m. elemento (recomendado) 2. n.m. obxecto 3. n.m. ítem ==== J ==== **journaling filesystem** 1. n.m. sistema de ficheiros transaccional **justify** 1. v.t. xustificar ==== K ==== **kernel** 1. n.m. kernel (recomendado) 2. n.m. núcleo Usar 'núcleo' cando non haxa posibilidade de confusión **kerning** 1. n.m. kerning **key** 1. n.f. tecla 2. n.f. clave **key binding** 1. n.m. atallo de teclado 2. n.f. asignación de teclas Véxase a traducción do verbo 'to bind' **keyboard** 1. n.m. teclado **keymap** 1. n.m. mapa de teclado **keyring** 1. n.m. chaveiro 2. n.m. claveiro **keyword** 1. n.f. palabra clave **kickban** 1. v.t. (redes, irc; recomendado) Expulsar e vedar 2. v.t (redes, irc) Desterrar ==== L ==== **label** 1. v.t. etiquetar 2. v.t. marcar **label** 1. n.f. etiqueta **landscape** 1. adx. apaisado **launch** 1. v.t. lanzar 2. v.t. executar **layer** 1. n.f. capa 2. n.m. nivel **layout** 1. n.f. disposición 2. n.m. formato **leader line** 1. n.f. liña directriz (para o texto) **library** 1. n.f. biblioteca 2. n.f. librería Non hai razón algunha para rexeitar unha palabra como 'librería', que pode ter o mesmo significado que 'biblioteca' **line** 1. n.f. liña 'Línea' é castelanismo **link** 1. n.f. ligazón (recomendado) 2. n.m. enlace **link** 1. v.t. ligar (recomendado) 2. v.t. enlazar **load** 1. n.f. carga **load** 1. v.t. cargar 'Carregar' é lusismo. **log file** 1. n.m. (ficheiro de) rexistro (recomendado) 2. n.m. (ficheiro de) log Deixa-lo termo inglés só cando 'rexistro' sexa confuso **log in** 1. v.i. facer login, conectar 2. v.i. entrar no sistema, entrar na conta, etc. **login** 1. n.m. login 2. n.f. conexión **look and feel** 1. n.m. aparencia e comportamento 2. n.m. look and feel ==== M ==== **mail** 1. n.m. correo 2. n.f. mensaxe Non usar 'mail' (só aceptable en e-mail) 'Correo' é un substantivo incontable, polo que as expresións 'un correo', 'dous correos', etc... non son correctas. Usar 'mensaxe' nesa situación. **mail** 1. v.t. enviar (unha mensaxe) **mailbox** 1. n.f. caixa de correo 'Buzón' é castelanismo. **manage** 1. v.t. xestionar **manager** 1. n.m. xestor **map** 1. v.t. relacionar (p.ex. relacionar usuarios) 2. v.t. trazar (un mapa/plano/unha relación) **map** 1. n.f. relación (p.ex. de usuarios) **margin** 1. n.f. marxe 'Marxe' é xénero feminino. **master** 1. n.m. mestre 2. n.m. master 'Maestro' é castelanismo **maximize** 1. v.t. maximizar **media** 1. n.m. soporte, soportes **media player** 1. n.m. reproductor multimedia **menu** 1. n.m. menú **message** 1. n.f. mensaxe Como tódalas formas rematadas en -axe, é de xénero feminino **miner** 1. n.m (xeral) mineiro 2. n.m (minaría de datos) analista, extractor [de coñecimento] En minaría de datos, o extractor de coñecimento é un programa que vixía ou analisa as actividades dun ordenados, e por ende do seu usuario, co propósito de colleitar información. **minimize** 1. v.t. minimizar **mixer** 1. n.m. mesturador 'Mezclador', 'mesclador' e 'mexturador' non son correctos. **mock up** 1. [xeral;interfaces de usuario]s.f. maqueta 2. s.m. prototipo **monitor** 1. n.m. monitor **monitor** 1. v.t. monitorizar Evita-la forma 'monitorear' **mount** 1. v.t. montar **mount point** 1. n.m. punto de montaxe ==== N ==== **namespaces** 1. n.m. espazos de nomes **news** 1. n.f. novas **nick** 1. n.m. alcume 2. n.m. sobrenome 3. n.m. nick **node** 1. n.m. nó 2. n.m. nodo Se se está a falar dunha máquina ou outro elemento dunha rede, o significado corresponde ó de 'nó', e non ten ningún parecido con 'nodo' No caso de estar falando de sistemas de ficheiros, empréguese 'nodo' segundo se explica na traducción de 'inode' **nuke** 1. v.t. (redes, irc) cair, atacar ==== O ==== **offline** 1. adx. desconectado **offset** 1. n.m. desprazamento (recomendado) 2. n.m. offset Só deixar o termo inglés cando poida haber confusión **ok** 1. v.t. aceptar (recomendado) 2. interx. ok **online** 1. adx. conectado **operating system** 1. n.m. sistema operativo É válido e entendible traduci-la abreviatura 'OS' por 'SO' **order** 1. n.f. orde O xénero é sempre feminino **order** 1. v.t. solicitar 2. v.t. pedir **outgoing** 1. adx. sainte **output** 1. v.t. amosar 2. v.t. visualizar 3. v.t. mostrar 4. v.t. escribir **output** 1. n.f. saída **overscan** 1. (imaxe e son) n.f. marxe de seguridade (arredor da área de visión dunha imaxe) 2. (imaxe e son) n.m. sobrescaneo 3. (imaxe e son) overscan Refírese a unha área adicional arredor das catro marxes dunha imaxe de vídeo que en condicións normais non é vista polo espectador, e que se adiciona por motivos de seguridade. **overwrite** 1. v.t. sobrescribir ==== P ==== **packet** 1. n.m. paquete **package** 1. n.m. paquete 'Pacote' é lusismo **package** 1. v.t. empaquetar **panel** 1. n.m. panel (recomendado) 2. n.m. cadro **paragraph** 1. n.m. parágrafo 'Párrafo' é castelanismo **parse** 1. v.t. analizar 2. v.t. procesar 3. v.t. interpretar Evita-lo barbarismo 'parsear'. Non usar 'analisar' **parser** 1. v.t. analizador (sintáctico) 2. v.t. procesador 2. v.t. intérprete **partition** 1. n.f. partición **partition** 1. v.t. particionar **password** 1. n.m. contrasinal (recomendado) 2. n.f. clave (de acceso) O xénero de 'contrasinal' é masculino, como o de 'sinal' **paste** 1. v.t. pegar (recomendado) 2. v.t. colar Evita-lo barbarismo 'pastear' **path** 1. n.m. camiño 2. n.f. ruta 'Rota', con este significado, está admitida nalgúns diccionarios, pero non polo da RALG. **peer** 1. n.m. parceiro **percentage** 1. n.f. porcentaxe Como tódalas formas rematadas en -axe, é feminino 'Percentaxe' non é correcto. **performance** 1. n.m. rendemento O verbo é 'render', polo que 'rendimento' é castelanismo/lusismo **pixel** 1. n.m. punto (recomendado) 2. n.m. píxel Hai que mante-la palabra inglesa nalgunhas situacións, como no tema de impresión. **play** 1. v.t. reproducir (recomendado) 2. v.t. tocar Recoméndase 'reproducir' por harmonía con 'reproductor' **player** 1. n.m. reproductor **plot** 1. n.f. gráfica **plot** 1. v.t. trazar 2. v.t. representar 3. v.t. debuxar **plugin** 1. n.m. plugin (recomendado) 2. n.m. extensión Traducir só cando non haxa posibilidade de confusión 'Extensión' gráfase con 'x' e non con 's' por ser cultismo **pointer** 1. n.m. punteiro (recomendado) 2. n.m. apuntador **port** 1. n.m. porto (recomendado) 2. n.f. porta **preferences** 1. n.f. preferencias **preview** 1. v.t. previsualizar **print** 1. v.t. imprimir 2. v.t. amosar 3. v.t. mostrar 4. v.t. visualizar 5. v.t. escribir Este verbo úsase moitas veces co senso de 'imprimir na pantalla' **printer** 1. n.f. impresora **privacy** 1. n.f. intimidade **properties** 1. n.f. propiedades **provide** 1. v.t. fornecer 2. v.t. prover **provider** 1. n.m. fornecedor 2. n.m. provedor **proxy** 1. n.m. proxy Fágase o plural segundo as nosas regras como 'proxys' ====Q==== **query** 1. v.t. consultar **query** 1. n.f. consulta 2. n.f. petición **queue** 1. n.f. cola 1. n.f. fila ==== R ==== **rate** 1. n.f. taxa 'Tasa' é incorrecto **reboot** 1. v.t. rearrincar 2. v.t. reiniciar **recipient** 1. n.m. destinatario **record** 1. n.m. rexistro **record** 1. v.t. gravar 'Grabar' é castelanismo gráfico. **refresh** 1. v.t. refrescar 2. v.t. actualizar **refuse** 1. v.t. rexeitar **regexp** 1. n.f. expresión regular 2. n.f. expr.reg **release** 1. n.f. versión 2. n.f. edición (cando non conveña usar versión) **remove** 1. v.t. borrar 2. v.t. eliminar 3. v.t. quitar **rename** 1. v.t. renomear 2. v.t. mudar o nome 3. v.t. cambiar o nome **render** 1. v.t. representar 2. v.t. debuxar 3. v.t. producir **replace** 1. v.t. substituír 'Reemprazar' non é válido. Tampouco o é 'remprazar' **replay** 1. v.t. repetir 2. v.t. reproducir **require** 1. v.t. requirir 'Requerir' e 'requerer' non son correctos **reset** 1. v.t. restablecer 2. v.t. reiniciar **reverse** 1. v.t. inverter 'Invertir' é castelanismo **revert** 1. v.t. recuperar (unha versión anterior p.ex.) 2. v.t. reverter 'Revertir' é castelanismo **router** 1. n.m. router 2. n.m. encamiñador **row** 1. n.f. ringleira (recomendado) 2. n.f. fileira (recomendado) 3. n.f. fila **run** 1. v.t. executar 2. v.t. lanzar Procurar non traducir como 'correr' ==== S ==== **sample** 1. n.f. mostra **sample frecuency** 1. n.f. frecuencia de mostraxe **sample rate** 1. n.f. frecuencia de mostraxe **sampling** 1. n.f. mostraxe 'Muestreo' é castelanismo. **save** 1. v.t. gardar (recomendado) 2. v.t. salvar 3. v.t. gravar Evitar 'gravar' por confusión coa traducción de 'record' **scan** 1. v.t. dixitalizar 2. v.t. examinar 3. v.t. explorar **scanner** 1. v.t. escáner **screen** 1. n.f. pantalla As palabras portuguesas 'ecrã' e 'tela' non son correctas. **screensaver** 1. n.m. salvapantallas **script** 1. n.m. script Non traducir coma 'guión' **script** 1. n.m. índice Refírese ó tipo de letra que pode ser subíndice (subscript) ou superíndice (superscript) **search** 1. n.f. busca 2. n.f. procura 'Búsqueda' é castelanismo. **search** 1. v.t. buscar (recomendado) 2. v.t. procurar **seek** 1. v.t. ir á posición 2. v.t. localizar Depende moito do contexto **segment** 1. v.t. segmento 2. v.t. sector (en casos especiais) **select** 1. v.t. seleccionar 2. v.t. escoller **selector** 1. n.m. selector **set** 1. v.t. establecer 2. v.t. poñer **settings** 1. n.m. parámetros 2. n.f. configuración(s) 3. n.f. propiedades 4. n.f. preferencias 5. n.f. opcións **share** 1. v.t. compartir **share** 1. n.m. recurso 2. n.f. compartimento **sharing** 1. n.m. compartimento **show** 1. v.t. amosar 2. v.t. mostrar **shred** 1. v.t. (privacidade; documentos; xeral) destruír 2. v.t. (privacidade; documentos) inutilizar 3. v.t. (privacidade; documentos; xeral) picotar, dilacerar Este é o proceso mediante o cal os contidos dun ficheiro son sobrescritos repetidas veces para garantir que se derrame a información que conteña. Non implica necesariamente a eliminación do ficheiro como tal. **shredder** 1. s.m. (privacidade; xeral) Dilacerador, eliminador, picotador **sign up** 1. v.t. crear conta **signal** 1. n.m. sinal É de xénero masculino. **signature** 1. n.f. sinatura **skip** 1. v.t. omitir 2. v.t. saltar 3. v.t. ignorar **slot** 1. n.f. rañura 2. n.m. oco **socket** 1. n.m. socket **sort** 1. v.t. ordenar 'Ordear' é hipergaleguismo **sound** 1. n.m. son 'Sonido' é castelanismo **source (code)** 1. n.m. código fonte 2. n.m. fontes **spelling** 1. n.f. ortografía **standalone** 1. adx. independiente **standard** 1. n.m. estándar 2. n.f. norma 'Estandard' e 'standard' son anglicismos **standard** 1. adx. estándar 2. adx. normativo **standardize** 1. v.t. estandarizar 2. v.t. normalizar **start** 1. v.t. iniciar 2. v.t. executar 3. v.t. arrincar A traducción depende do contexto **startup** 1. n.m. inicio **step** 1. n.m. paso 2. n.m. nivel **stop** 1. v.t. deter 2. v.t. parar **stop** 1. n.f. parada 2. n.f. fase Úsase fase para referirse ás cores que conforman un degradado **strikeout** 1. adx. riscado/a Refírese ó tipo de letra cunha liña horizontal no medio. **swap** 1. n.m. (espacio de) intercambio 2. n.m. swap **swatches palette** 1. n.f. paleta de mostras ==== T ==== **tab** 1. n.f. lingüeta (recomendado) 2. n.m. separador 3. n.f. aba Non se acepta coma tradución correcta 'pestana' **tag** 1. n.f. etiqueta 2. n.f. marca **template** 1. n.m. patrón 2. n.m. modelo **timeout** 1. n.m. tempo de expiración 2. n.m. tempo de espera 3. n.m. tempo de vencemento 4. n.m. tempo esgotado 5. n.m. timeout A traducción depende do contexto. Pódese falar do tempo en si (por exemplo, nunha configuración, 'tempo de expiración'), ou de que ese tempo xa pasou (por exemplo, 'tempo esgotado' para un comando ou transacción) **time stamp** 1. n.f. data e hora 2. n.f. marca de data e hora; marca de tempo 3. n.m selo de data e hora 4. v.t marcar a data e hora; marcar o tempo 5. v.t selar a cada e hora "Timestamp" pode referirse a un código de tempo ou a unha sinatura dixital de tempo mediante a cal o asinante acredita a existencia do documento asinado ou o seu contido no momento indicado como parte da sinatura dixital. En outras ocasións refírese á "hora Unix", o número de segundos transcorridos desde 19700101T000000Z. Asimesmo, tamén é o nome dun tipo de datos dalgúns SXBDR. **tool** 1. n.f. ferramenta (recomendado) 2. n.f. utilidade **tooltip** 1. n.m. tooltip **trace** 1. v.t. trazar 2. v.f. calcar 3. v.t. seguir 4. v.t. delinear (un debuxo) 5. v.t. vectorizar (unha imaxe) **trash** 1. n.m. lixo (recomendado) 2. n.f. papeleira No caso de que o contexto requira o uso do substantivo do contedor (ou para traducir 'trashcan'), empréguese a locución 'colector do lixo' **turn on** 1. v.t. acender 2. v.t. prender ==== U ==== **underline** 1. v.t. subliñar 'Suliñar' non é correcto. **unlink** 1. v.t. desligar **update** 1. v.t. actualizar **url** 1. n.m. url 'URL' significa 'Uniform Resource Locator', e 'URI' 'Universal Resource Identifier'. A traducción dos substantivos é 'localizador' e 'identificador' respectivamente, ambos de xénero masculino, que é polo tanto o que se debe empregar ó usa-lo acrónimo. **usage** 1. n.m. uso **utility** 1. n.f. utilidade ==== V ==== **view** 1. n.f. vista **view** 1. v.t. visualizar 2. v.t. ver **viewer** 1. n.m. visualizador 2. n.m. visor **volume** 1. n.m. volume 'Volumen' é castelanismo ==== W ==== **wait** 1. v.i. agardar 2. v.i. esperar **width** 1. n.f. anchura 2. n.f. largura 1. n.f. ancho **window** 1. n.f. fiestra (recomendado) 2. n.f. xanela 3. n.f. ventá **wireless** 1. adx. sen fíos Non usar nin 'inarámico' nin 'inalámbrico' **wizard** 1. n.m. asistente **word wrap** 1. v.t. dividir a liña 2. v.t. axustar as palabras É a división de liña que fai un editor/procesador de textos cando a liña actual acada unha lonxitude dada, sexa a un número fixo de caracteres (static word wrap), habitualmente engadindo un salto de liña, ou unha simples división visual (dinamic word wrap), xeralmente inserindo a división nun limiar de palabra. **workspace** 1. n.f. área de traballo (recomendado) 2. n.m. espazo de traballo 3. n.m. escritorio **wrap** 1. v.t. partir 2. v.t. dividir 3. v.t. envolver **wrap search** 1. s.f. procura cíclica 2. s.f. procura circular 3. procurar ciclicamente Modo de procura no cal, ao acadar o final da entidade onde se estexa a procurar, a procura é continuada desde o comezo da entidade até o ponto onde comezar o proceso. ==== Z ==== **zoom** 1. n.f. ampliación {{trasno:dicc.dtd.tar.gz}}