====== Proxecto Trasno ====== O **Proxecto Trasno** é unha comunidade de grupos e proxectos de tradución de software libre ao galego. Levamos a funcionar desde o ano 2000, aínda que algúns dos proxectos aquí reunidos existen desde o 1999. Para máis información sobre a historia do proxecto vai [[trasno:faq|ás preguntas frecuentes]] . Atoparás alí tamén algunha información sobre a filosofía do software libre en xeral, e algo sobre o espírito altruista das traducións que realizamos. O proxecto está constituido hoxe en día polos grupos de tradución de [[gnome:inicio|Gnome]], [[kde:inicio|KDE]], [[tp:inicio|Free Translation Project]] e das distribucións [[debian:inicio|Debian]], [[mandriva:inicio|Mandriva]], [[fedora:inicio|Fedora]] e [[suse:inicio|SuSe]]. Se queres colaborar nun ou máis destes grupos, vai á correspondente seción e contacta co respectivo cordinador para que che informe. Tamén lle podes botar un ollo ás axudas da seción de [[trasno:recursos|recursos para traductores]] percibir o doado que resulta traducir e caer na conta de que só se precisa algún ratiño libre para colaborar co proxecto. * [[trasno:faq|Preguntas frecuentes]] * [[trasno:colaborar|Cómo colaborar en Trasno]] * [[trasno:recursos|Recursos para traductores]]