====== Lista de correo ====== A lista de correo de Trasno é un dos elementos comúns entre os proxectos de tradución que o compoñen. O obxectivo é ter un punto central de coordinación e de intercambio de información e opinións entre os colaboradores dos diferentes grupos. O volume de mensaxes é variable (poucas mensaxes durante semanas, e de súpeto ducias en poucos días), pero xeralmente non hai máis de 20 ou 30 mensaxes de media mensual. Podes consultar [[http://trasno.net/lurker/list/proxecto-trasno.gl.html|os arquivos da lista]] pola Web sen necesidade de te subscribires. Tamén temos [[http://trasno.net/lurker/splash/index.gl.html|arquivos históricos]], comezando polo ano 1999, das listas anteriores á actual. Se queres participar habitualmente na lista, recomendamos que te subscribas. Para te subscribir á lista, envía unha mensaxe a [[proxecto-subscribe@trasno.net]]. Para mandar mensaxes á lista, escribe ao enderezo [[proxecto@trasno.net]]. Se tés problemas, escribe a [[proxecto-owner@trasno.net]].