====== Ferramentas de revisión de traducións ====== Nesta páxina pretendo citar e dar ligazóns ás ferramentas de revisión de traducións que hai disponíbeis pola rede, e que podan ser de utilidade para o proxecto Trasno. ===== check_consistency ===== Este é un guión perl que se acha nos [[http://websvn.kde.org/trunk/l10n/scripts/|repositorios de KDE]]. Como o seu uso non está ben documentado (só no comentário inicial do ficheiro), engadirei que o seu propósito é obter un listado de mensaxes que aparecendo múltiplas veces nos ficheiros que se lle pasen como argumentos, teñen mais dunha tradución diferente. A parte negativa é que se msgid "New" aparece tanto como msgstr "Novo" como msgstr "Nova", isto reflictirá-se no ficheiro de resultado, chamado msg_inconsistent. Se temos un cartafol con ficheiros po, podemos invocar este guión por exempo: ''check_consistency `find . -name *.po`'' ===== Ferramentas do translation_toolkit ===== Estas ferramentas son desenvoltas dentro de [[http://www.wordforge.org|Wordforge]], a mesma xente que está a desenvolver o [[http://pootle.wordforge.org|Pootle]] Destacan as seguintes: * [[http://www.wordforge.org/static/toolkit-using_pofilter.html|pofilter]]: examina un conxunto de ficheiros po á procura de erros comúns, configurábeis, entre eles pois citarei a verificación de aceleradores, variábeis, marcas xml e carácteres escapados, así como de outros de menor importancia, como espazos en branco duplos, enderezos de correo, rotas de ficheiros, pontuación, etc. Dispón de 38 tipos diferentes de probas. * [[http://www.wordforge.org/static/toolkit-checking_for_inconsistencies.html|poconflicts]]: comproba se existen inconsistencias nas traducións. Exemplo de uso: poconflicts -I --accelerator="&" ~/KDE_gl ~/inconsistencias ; onde ~/KDE_gl é un cartafol que conté o repositorio da gui de KDE, e inconsistencias e outro cartafol, na anterior ligazón danse mais detalles acerca do seu uso.