====== Transliterador para ficheiros po de portugués a galego ====== Este é un conxunto de guións de perl e bash que permite a transliteración de ficheiros po en portugués para galego na norma oficial. O transliterador foi inicialmente elaborado por Alberto García, e posteriormente modificado por [[http://gramatica.usc.es/~gamallo/index.html|Pablo Gamallo]]. A ambos os dous debemos agradecer a súa elaboración. Tamén debo dar as grazas a Susana Sotelo, que puxo os guións na súa páxina web para poder obtelos. ===== Modo de obtención ===== Podes obté-los {{trasno:transliterador2.tar.gz| desde aquí mesmo}} ===== Contidos do paquete ===== Este paquete tar comprimido contén varios ficheiros, dos cais só dous son relevantes para o seu uso: * INSTRUZÓNS * trans_ofic.x O primeiro deles contén os pasos detallados para o uso do transliterador. O segundo é un guión de shell que, grazas aos outros ficheiros do pacote, executa a transliteración. Os pasos detallados son: - Copie o ficheiro xxx.po no cartafol que conteña os guións. - Converta para a codificazón iso-8859-1 mediante o comando msgconv: msgconv -t iso_8859-1 xxx.po -o xxx_conv.po Nota: en ocasións o ficheiro utf-8 contén carácteres non convertíbeis a iso-8859-1, polo que é preferíbel non automatizar este proceso. - Translitere: ./trans_ofic.x xxx_conv.po Criará-se un ficheiro de nome xxx_gal.po - Verifique a validez como ficheiro po: msgfmt -o /dev/null xxx_gal.po Nota: os casos de fallo mais habituais son debidos a erros coas mensaxes obsoletas. Caso de producir-se este erro, abra-se o ficheiro cun editor de texto (por exemplo: kate ou vim) e eliminen-se as últimas mensaxes, nas cais o msgid estará antecedido por '#~' mentres que o msgstr ha estar antecedendo a tais carácteres. Esta etapa debe repetir-se até que o ficheiro sexa compilábel. - Reconverta á codificazón utf-8: msgconv -t utf-8 xxx_gal.po -o xxx.po - Aplique transpo para "galeguizar" certas expresións e corrixir certos erros de xénero que aparecen ao transliterar (exemplo: a pasta -> o cartafol): ./transpo -d tr_galego.dict xxx.po - Abra o ficheiro xxx.po do repositorio/copia local mediante kbabel. Caso de non existir, criará-se. - Aplique Ferramentas -> Tradución Rápida, escoller "Non Traducidas" e se "Dubidosas", non inicializar as entradas específicas de kde e marcar as cambiadas como dubidosas. Escoller "PO Auxiliar", configurar e escoller o ficheiro xxx.po desta localizazón (o que acabamos de transliterar). Aceitar e aceitar. - Xa o está, agora hai que revisar á mao cada unha das cadeas, facendo os cambios oportunos. ===== Problemas coñecidos ===== Como se comentou acima, o transliterador no seu estado actual ten problemas coas mensaxes obsoletas. Ademais, non procesa lotes de ficheiros, senón que está pensado para traballar sobre ficheiros individuais. A necesidade de converter a codificación tamén trai problemas. ===== Advertencia Final ===== Recomendase a utilización deste guión cun cuidado extremo, e en particular realizar unha revisión letra por letra de cada unha das mensaxes transliteradas, co obxectivo de garantir a rigorosidade do resultado final.