20/04/2008: Reactivouse a tradución de openSuse. Se queres colaborar envía unha mensaxe á lista de correo.
20/04/2008: Reactivouse a tradución no Translation Project. Se queres colaborar envía unha mensaxe á lista de correo.
-
16/03/2008: Engadiuse no apartado de Recurso para os tradutores → Listaxe, as ligazóns ao servizo de dicionario de KDE, posto a andar a comezos de marzo de 2008.
14/03/2008: Dada a proximidade do lanzamento de KDE 4.1, recoméndase a todos os voluntarios adicados á tradución deste escritorio e dos seus programas, que deixen calquer versión anterior e se adiquen a esta. A coordinación, coma sempre, através da lista de correo.
28/05/2007: Engadíronse no apartado de Recursos para os tradutores → Listaxe dúas ligazóns → Vocabularios, dúas novas ligazóns: PhotoShop Português/ Inglês e Tradución de Comandos de Photoshop - Ingles a Español.
10/04/2007: Engadíronse no apartado de recursos para tradutores as Memorias de tradución de Gnome.
21/02/2007: Hoxe foi publicado KOffice 1.6.2, que inclúe por primeira vez tradución ao galego. Está completa nun 97% da gui, e adicionalmente disponse do 5% da documentación traducida e acesíbel nos repositorios. Esperamos aumentar esta porcentaxe nos vindeiros meses.
13/02/2007: Engadiuse unha
listaxe de ligazóns a dicionarios e vocabularios en liña que poden ser de utilidade para todos os tradutores voluntarios.
05/02/2007: Acaba de anunciarse a versión 0.45 de
Inkscape, traducido nun 57%. En próximas versións mellorarase e ampliarase a tradución.
22/10/2006: Saiu a última versión de
Mandriva, a 2007, traducida ó galego nun 91%. É certo que aviso un pouco tarde, pero mellor tarde ca nunca.
-
-
-
27/07/2006: Engadíronse novas traducións de documentación na sección de
documentación.
-
21/07/2006: Inauguramos a nova web de Trasno, baseada nun sistema wiki. Aínda non está rematada, esperamos ir completándoa nas próximas semanas.