Táboa de Contidos

Tradución de KDE a galego

Esta é a páxina sobre o grupo de tradución a galego do ambiente de escritorio KDE. Se queres colaborar, vai directamente a sección Como podo colaborar? como pequena introdución. Velaquí un resumo dos recursos para a tradución.

Que é KDE?

O K Desktop Environment, ou KDE, é un ambiente de escritorio baseado nas librarías Qt, amplamente empregado nas distribucións Linux, FreeBSD e NetBSD, así como noutras plataformas. Hoxe en día, o escritorio de KDE, xunto con Gnome, constitúese como unha das mellores opcións de escritorio para os sistemas operativos de código aberto, xa que ofrecen unha grande funcionalidade calquera que sexa o nivel de esixencia que teña o usuario. Dispoñendo dun dos conxunto de ferramentas máis amplo entre os ambientes de escritorio ceibes (multimedia, gráficos, rede e internet, oficina, desenvolvemento, xogos, educación, ciencia ...) , o uso doado e o deseño agradábel, fan de KDE un sistema de escritorio de grande calidade, e multiplataforma.

captura1.jpg

O proxecto de tradución de KDE ao galego, integrado no proxecto Trasno, tenta adaptar o ambiente KDE á poboación galegofalante mediante a tradución da interface e da documentación. Neste conxunto de traducións inclúese ademais a suite ofimática Koffice e os programas que non seguen o ciclo de versións do escritorio, como K3b, Amarok (no pantallazo), Digikam ou Kaffeine, entre outros moitos agrupados en torno ao apartado KDE Extragear.

A tradución aquí realizada inclúese automaticamente na distribución oficial de KDE e nos programas extraoficiais, o que quere dicir que, excepto demoras, calquera distribución de Linux ou BSD leva consigo a versión en galego e polo tanto non é preciso descargar ningunha tradución por separado desde esta páxina (salvo que se trate dun caso especial) para dispór dun entorno KDE traducido. A tradución de KDE, ao igual que calquera dos proxectos de tradución agrupados en Trasno, é levada a cabo (que non sempre a bon termo) polo voluntariado. Hai unha excelente sección de preguntas frecuentes onde se explica isto e máis algo (bastante) da filosofía do sw libre en xeral e do carácter desinteresado de Trasno.

Como podo colaborar?

O único requisiño para colaborar é ter coñecementos de inglés técnico suficientes para facer as traducións e un coñecemento alto de galego en rexistro formal (botariase de menos tamén un pouco de coñecemento básico de sistemas UNIX). Polo de agora, o debate para a escolla dunha normativa segue aberto, se ben prefírese a normativa oficial.

Na sección de recursos para tradutores atoparás información xeral sobre como facer as traducións. En concreto paga a pena ler a Guía para a tradución se é a primeira vez que se aborda este tema e ter a man o glosario de termos técnicos para despexar dúbidas. Tamén se recomenda ler previamente a guía de estilo para adquirir (ou queixarse!) os convenios que adoitamos ter.

Para asignar ou desasignar apartados diríxete directamente ao coordinador. Faino sen teimas se tamén tes algunha queixa ou suxerencia. A tradución divídese en apartados os cales á súa vez divídense en paquetes ou programas. Como o número de apartados xa é grande, a cada tradutor asígnaselle un apartado no que traballará indefinidamente ou non, segundo queira. Cando o colaborador queira traducir un programa distinto que non se atope no(s) apartado(s) que ten asignado(s), entón deixará libre un apartado e tentará que se lle asigne, se é posíbel, o apartado correspondente ao programa en cuestión.

Axuda específica para traducir KDE

Se les a guía xeral para a tradución de programas hai un punto no que se menciona o repositorio como vía para manter anovadas as traducións e ter maior control do traballo en conxunto. Desde o grupo de KDE recoméndase ter un repositorio local (copia local do servidor de KDE onde están as traducións oficiais e as mensaxes sen traducírense) para manter anovadas en conxunto todas as traducións (e de paso poder usar funcionalidades como o xestor de catálogos de KBabel para simplificar o proceso de tradución). Deste xeito, terás no teu ordenador unha copia exacta, que poderás anovar cando queiras, do conxunto de traducións e poder traballar sen necesidade de facer as descargas manualmente. Para facer isto crea un cartafol no teu disco duro adicado á tradución (un cartafol “Traducións” no cartafol persoal) e unha vez dentro executa dende a consola os seguintes comandos (precísase ter instalado un cliente de Subversion, SVN):

 mkdir KDE4.x
 svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/gl
 svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/templates
 svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/scripts

Para evitar problemas de conflitos ao actualizar entre a copia local e a entregada, recomendase actualizar só a copia local dos modelos, e facer a posta ao día da copia de ficheiros traducidos mediante os scripts, a secuencia de ordens é:

Tamén podes, desde o xestor de proxectos de KBabel, indicar a rota a estes dous cartafoles no menú Proxecto e xestionar as traducións directamente desde este programa. Se xa fixeche a copia local do repositorio (paso anterior) lé esta pequena receita para saber empregar doadamente o xestor de catálogos. Poderás ter control do traballo que fas e notar as anovacións que fagan o resto de tradutores, enviar os ficheiros que traduzas ou modifiques e recibir as anovacións. Ir ao manual de KBabel.

Quen é o coordinador?

O coordinador actual do grupo é Xabi G.Feal. Envíalle unha mensaxe a xabigf@gmx.net se queres colaborar ou para calquera cuestión.

Estado das traducións

Na actualidade a póla en desenvolvemento de KDE atópase traducida ao galego un 75% (ver lista de linguas por orde). A derradeira versión estábel, a 3.5.5, atópase traducida ao galego nun 75%.

Para ver as estatísticas de tradución da póla estábel ou da póla en desenvolvemento usa estas ligazóns oficiais:

Os tradutores en activo son Marce Villarino, Xabi Feal, Xosé Calvo, Pedro Suárez, Rodrigo Boado e Miguel Branco (¿esquécese algún?). Tamén colaboraron no seu día Martina Ramilo, Javier Jardón, Jorge Baz, Máximo Coejo, Leandro Regueiro,Gonzalo H.Castilla e Jesús Bravo.

Módulo Tradutor actual
extragear-addons M.Villarino
extragear-graphicsM.Villarino, X.Feal
extragear-libsM.Villarino
extragear-multimedia M.Villarino, X.Calvo, X.Feal
extragear-networkM.Villarino
extragear-officeM.Villarino
extragear-pimM.Villarino
extragear-plasmaM. Villarino
extragear-sdkM. Villarino
extragear-securityM.Villarino
extragear-sysadminM.Villarino
extragear-toysM.Villarino
extragear-utilsM.Villarino
kdeaccesibilityM.Villarino
kdeaddonsM.Villarino
kdeadminM.Villarino
kdeartworkM.Villarino
kdebaseX.Feal
kdeeduM.Villarino,M.Vázquez Diz
kdegames I.Seoane
kdegraphicsX.Feal
kdekiosk M.Villarino
kdelibsM.Villarino, X.Feal
kdemultimediaX.Feal
kdenetworkM.Branco, X.Feal
kdepimX.Feal
kdereviewM.Villarino
Kdepimlibs M.Villarino
kdesdk -
kdetoysM.Villarino
kdeutilsX.Feal
kdevelopP.Suárez, M.Villarino
kdewebdev Rodrigo Boado
kofficeM. Branco, M.Villarino
playground-accessibilityM.Villarino
playground-artworkM.Villarino
playground-baseM.Villarino
playground-eduM.Villarino
playground-gamesM.Villarino
playground-graphicsM.Villarino
playground-multimediaM.Villarino
playground-networkM.Villarino
playground-pimM.Villarino
playground-sysadminM.Villarino
playground-utilsM.Villarino
qtM. Villarino

Historia