Descrición: LyX é unha interface cuase-
WYSIWYG para o LaTeX, ou mais xeralmente: un sistema de preparación de documentos, especialmente recomendábel para elaborar textos técnicos e científicos complexos, con fórmulas, referéncias cruzadas, bibliografias, índices, ... En xeral é moi bon para documentos, de calquer longura, nos que se requeiran as habilidades de procesado usuais: seccionado e paxinación automáticos, corrección ortográfica, etc.