Táboa de Contidos

Ferramentas de revisión de traducións

Nesta páxina pretendo citar e dar ligazóns ás ferramentas de revisión de traducións que hai disponíbeis pola rede, e que podan ser de utilidade para o proxecto Trasno.

check_consistency

Este é un guión perl que se acha nos repositorios de KDE. Como o seu uso non está ben documentado (só no comentário inicial do ficheiro), engadirei que o seu propósito é obter un listado de mensaxes que aparecendo múltiplas veces nos ficheiros que se lle pasen como argumentos, teñen mais dunha tradución diferente.

A parte negativa é que se msgid “New” aparece tanto como msgstr “Novo” como msgstr “Nova”, isto reflictirá-se no ficheiro de resultado, chamado msg_inconsistent.

Se temos un cartafol con ficheiros po, podemos invocar este guión por exempo:

check_consistency `find . -name *.po`

Ferramentas do translation_toolkit

Estas ferramentas son desenvoltas dentro de Wordforge, a mesma xente que está a desenvolver o Pootle Destacan as seguintes: