A Trasnada 12.0

Recomendámoslle aos asistentes ao obradoiro de localización que traian un portátil.

En que consiste?

A trasnada sérvenos de punto de encontro aos tradutores de software libre que traballamos baixo o paraugas do Proxecto Trasno. Organizámolo como unha sesión de traballo para lograr acordos e planificar o futuro. Como noutras ocasión e buscando producir traducións de calidade, o tema de debate fundamental será a terminoloxía no ámbito da tradución. Por outra banda, fará de escaparate ao público que queira coñecer o proxecto, a xente que o conforma e como punto de aprendizaxe para todos os interesados en colaborar na localización.

Cando e onde?

A trasnada 12.0 farase este 18 e 26 de Maio no Centro Ágora, na Cidade da Coruña, rúa Ágora, s/n. Aquí tedes un mapa de onde se realiza a actividade:

  • Mapa fornecido polo propio centro Ágora
  • Mapa do centro Ágora en OpenStreetMap

Programa das xornadas

Venres 18 de maio

1. Sesión de tarde:

Destinada a: persoas interesadas na localización e público xeral

Lugar: Aula 9, Centro Ágora

19:30 «Como e porqué se traduce software libre ao galego?»

Con Antón Méixome (tradutor de OpenOffice e LibreOffice), Leandro Regueiro (tradutor de Xfce e Inkscape), e Miguel Branco e Xosé Calvo (traductores de KDE).

Sábado 26 de maio

1. Sesión de mañá:

Espazo 1

Destinada a: persoas interesadas na localización

Lugar: Sala informática, Centro Ágora

10:00 Apertura da xornada

10:15 Inicio da discusión de terminoloxía

13:00 Asemblea Xeral Ordinaria da AC Proxecto Trasno

14:00 Descanso para xantar

Espazo 2

Destinada a: persoas interesadas na localización e público xeral

Lugar: Aula 9, Centro Ágora

10:30 ”Introdución á localización de software libre”

11:30 Obradoiro práctico de localización

13:30 Entrega de agasallos para os asistentes.

14:00 Descanso para xantar

2. Sesión de tarde

Espazo 1

Destinada a: tradutores e interesados na terminoloxía informática

Lugar: Sala informática, Centro Ágora

16.00 Sesión de terminoloxía (continuación)

20:00 Peche da sesión

Espazo 2

Destinada a: persoas interesadas na localización e público xeral

Lugar: Aula 9, Centro Ágora

16:30 ”Introdución á localización de software libre”

17:30 Obradoiro práctico de localización

19:30 Entrega de agasallos para os asistentes.

20:00 Peche da xornada

Que necesito para ir á Trasnada?

Tanto se vés á xornada de terminoloxía coma a aos relatorios para público xeral recomendamos que traias o teu equipo portátil.

Pódese seguir a través da rede?

Os membros da asociación poderán seguir e participar no evento polas canles IRC do proxecto. As novas que se vaian producindo iranse subindo aos nosos perfís nas redes sociais (véxase a sección de chíos no web). Estade moi atentos ás redes e animádevos a interactuar connosco ese día!.

As presentacións empregadas subiranse ao web con posterioridade.

Máis info e actualizacións na sección do wiki.

NOTA: Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Proxecto Trasno desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e incluídas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.