Ola, espero que non che amole unha resposta enlatada. Escribiches ao
coordinador do equipo de traducción, ofrecéndote coma
traductor, pero non sabes exactamente como ou por onde comezar. Aquí
hai algúns consellos.
Faite parte dun equipo de traducción
Deberís, de primeiro, atopa-lo enderezo do teu equipo nacional. Podes
obte-la lista dos equipos actuais na Web, e tamén o código e o
enderezo de correo electrónico de cada equipo, en:
www.iro.umontreal.ca/contrib/po/HTML/teams.html
Algúns equipos, non todos, usan un servidor de listas de correo.
Supoñamos que o teu equipo ten un enderezo en Linux International.
Para facerte membro do teu equipo de traducción, engade
-request xusto antes de @li.org e logo
emprega subscribe no corpo da mensaxe. Despois diso,
escribes ao teu equipo sen usa-lo sufixo -request. Outros
servidores de listas de correo poden empregar outras receitas; proba co teu
equipo antes. Por suposto, podes usa-lo teu propio idioma ao escribir ao
equipo de traducción.
Específico para o equipo de traducción ao galego:
o enderezo do equipo de traducción é
gpul-traduccion@ceu.fi.udc.es. Para te subscribir, escribe
unha mensaxe a gpul-traduccion-request@ceu.fi.udc.es
poñendo subscribe no corpo da mensaxe.
Despois, xa nos podes escribir ao noso enderezo. O idioma oficial do equipo
é o galego ;-).
Se non hai ningún equipo para o teu idioma e queres comezar un, podes
atopar máis información de como facer en:
www.iro.umontreal.ca/contrib/po/HTML/leaders.html
Enche e devolve a renuncia do Copyright para os traductores
Na distribución de GNU gettext, atoparás un
ficheiro chamado DISCLAIM, que contén un documento de
renuncia do Copyright para todo o traballo de traducción que fagas
para este proxecto. Se non colleches gettext ou se o equipo
non che dá unha copia, só pide unha en translation@iro.umontreal.ca.
Inclúense instruccións dentro do impreso. Tamén podes
atopar máis información sobre o tema da renuncia do copyright
sobre as traduccións, e tamén copias nuns poucos formatos,
nesta páxina Web:
www.iro.umontreal.ca/contrib/po/HTML/disclaim.html
Varios dominios textuais (máis ou menos: paquetes) sí que
precisan que se poida probar que o teu traballo é libre. O Proxecto
de Traducción rexeitará un envío se non renunciaches,
por escrito, aos teus dereitos sobre as traduccións que produces.
Tamén leva máis ou menos un mes en total, dende que se enviou
a renuncia, ata que é procesada completamente. Isto é case
sempre o retardante de todo o proceso, e deberías arranxar esta
cuestión o antes que poidas. Cando esta formalidade xa está
feita, xa es libre de facer tantas traduccións que queiras sen pasar
pola formalidade outra vez.
Aprende a usa-lo Robot
Agora que o teu equipo existe e a túa renuncia do Copyright foi
recibida e recoñecida pola FSF, podes proceder a enviar ficheiros PO
con éxito por ti mesmo, usando o robot do Proxecto de
Traducción. Se non sabes que é un ficheiro PO, salta esta
sección por agora e volta a ela despois.
O robot do Proxecto de Traducción (ou TP-Robot) é un servicio
por correo electrónico que se encarga dos envíos de ficheiros
PO. O robot comproba que o ficheiro é recibible, é dicir, se
un traductor encheu a súa renuncia se é preciso, e se o seu
equipo lle permite face-lo traballo. Tamén executa
msgfmt para ver se o ficheiro PO está ben de saude, e
tamén busca outros problemas.
Crear un equipo é un proceso rápido, pero que che
recoñezan a renuncia toma normalmente preto dun mes. Antes de que ese
tempo pase, podes, sen embargo, envia-lo teu ficheiro PO ao robot. Non o
aceptará, pero polo menos, descubrirá erros e diagnosticaraos.
A xente que traduce por primeira vez adoita cometer varios erros, e pode
facer falta intentalo varias veces antes de que todo saia perfecto. Pode que
cando remates isto, a túa renuncia xa estea recibida, e estés
preparado para un envío de verdade e con éxito.
O robot pode asustar un pouco ao primeiro, porque é estremadamente
ríxido con algúns detalles. Os demáis membros do teu
equipo pódenche axudar a te afacer a el. Tamén podes escribir
ao coordinador de traduccións pedindo axuda, se hai algo que non
estea claro ou se te sentes un pouco perdido nisto. Non é realmente
preciso que use-lo robot, pero cando o fas, deixas algún tempo libre
para o coordinador de traduccións para facer outras cousas
útiles (¡gracias!). Para usa-lo robot, a liña de Asunto
(Subject) débese parececer a:
TP-Robot PAQUETE-VERSIÓN.EQUIPO.po
e a cousa completa debería ser enviada a translation@iro.umontreal.ca.
Podes esperar unha resposta en poucos minutos. Se precisas axuda para
respostar a preguntas, ou se sospeitas que o robot está a se
comportar incorrectamente, podes escribir directamente ao coordinador de
traduccións. Nembargantes, se o fas, ten coidado de non
comeza-lo Asunto da túa mensaxe con TP-Robot :-)
O xeito máis sinxelo de usa-lo robot, para os que tede-la sorte de
saber Emacs, é co comando M do modo PO. Cando o teu
ficheiro PO estea preparado, só tés que pulsar
M, e cunha pouca sorte, xa se fará todo
automáticamente. Noutro caso, deberías saber que o robot
é un pouco parvo e non entende MIME ainda. Asi que, polo de agora,
empaqueta o teu ficheiro PO con uuencode (tanto co formato
vello begin ou o novo begin-base64) no canto
de MIME ou shar. Tamén podes usar unha copia de texto
normal, se estás completamente seguro de que temos correo
electrónico que respecta os oito bits. Se o Robot non pode
descifra-lo teu paquete, simplemente enviaramo, o que é moito
máis lento, para que o desempaquete manualmente.
Instala GNU gettext e aprende a usalo
Poderías traballar de traductor sen instalar GNU
gettext. Nembargantes, botarías en falta o programa
msgfmt que é moi útil para valida-lo formato
dos teus ficheiros traducidos, o modo PO para GNU Emacs que simplifica a
edición deses ficheiros, e a documentación de GNU
gettext, que explica o Proxecto de Traducción con
máis detalles.
Colle a distribución de GNU gettext de gnu.org/pub/gnu/ ou calqueira "espello" do
que baixe-los paquetes GNU, e instálaa no teu sitio. Polo de agora, se
cadra preferirás usa-la última copia non oficial de www.iro.umontreal.ca/contrib/po/gettext/gettext.tar.gz.
Se non té-la capacidade ou autoridade para instalar GNU
gettext, intenta que o administrador do sistema do teu sitio
o instale para ti (o administrador usará unha receita moi parecida
á que dou embaixo, pero non usará o parámetro
--prefix de configure, deixando que pase o
valor por defecto de /usr/local). A receita de embaixo
é correcta cando queiras instalar GNU gettext
só para ti, coma un usuario. Cando teña-la distribución
(digamos que é gettext-N.M.tar.gz), só tes que
escribir:
gunzip < gettext-N.M.tar.gz | tar xf -
cd gettext-N.M
./configure --with-included-gettext --prefix=$HOME
make install
Despois diso, asegúrate de que "~/bin" está na túa rota
de busca. Se usas sh (ou bash, ou
ksh), modifica o teu ficheiro .profile ou
.bash_login para que conteña:
export PATH; PATH=$HOME/bin:$PATH
Se empregas csh (ou tcsh) no seu canto,
modifica o teu ficheiro .login ou .cshrc
para que conteña:
set path=(~/bin $path)
Se usas GNU Emacs, pode que queiras te-lo último modo PO,
obténdoo de www.iro.umontreal.ca/contrib/po/po-utils/dist/src/po-mode.el,
xa que pode ser máis recente que o instalado por GNU
gettext. En calqueira caso, engade estas liñas ao teu
ficheiro .emacs:
(setq load-path (cons "~/gettext-N.M/misc" load-path))
(setq auto-mode-alist (cons '("\\.potx?\\'\\|\\.po\\." . po-mode)
auto-mode-alist))
(autoload 'po-mode "po-mode")
Se usas GNU Emacs 20 coas fontes internacionais instaladas, engade
tamén:
(autoload 'po-find-file-coding-system "po-mode")
(modify-coding-system-alist 'file "\\.potx?\\'\\|\\.po\\."
'po-find-file-coding-system)
A liña load-path pode ser omitida se
gettext-N.M/misc/po-mode.elc xa foi movido a algún
lugar estándar onde GNU Emacs o poida atopar.
Finalmente, lea os ficheiros "~/info/gettext.info*". Ou, ainda mellor, se
tés TeX xa instalado no teu sitio, escribe algo parecido a:
cd gettext-N.M/doc
make dvi
dvips gettext.dvi
para imprimir un bonito manual de GNU gettext.
Mergúllate no traballo de traducción de verdade
Se o teu equipo está ben organizado, a xente de alí
debería axudarche a atopar un traballo de traducción. Noutro
caso, terás que atopar un por ti mesmo. Pero, fagas o que fagas, en
calqueira momento, e incluso se todos parecen estar a durmir no teu equipo,
manteno ben informado do que pretendes facer. Un xeito de comezar é
traducindo as mensaxes de GNU gettext. Non é
especialmente importante traduci-las mensaxes de gettext
primeiro, pero poderías tela a man nos teus discos. Se GNU
gettext xa foi traducido, e o teu equipo non che axuda a
escoller un traballo de traducción, poderías mirar nestes
directorios:
www.iro.umontreal.ca/contrib/po/trans/LL/
www.iro.umontreal.ca/contrib/po/pot/
para ver tódolos ficheiros dispoñibles actualmente para o
idioma LL. O primeiro directorio dá eses ficheiros PO que
están traducidos completa ou parcialmente, pero exclúe os
ficheiros para os que a traducción non comezou ainda. O segundo
directorio dá o estado sen traducir deses ficheiros para
tódolos paquetes: é moi probable que atopes material para
traballar aí. Cada vez que o Proxecto de Traducción sube un
novo ficheiro ou actualiza un xa existente nalgún deses directorios,
envíase un anuncio a tódolos membros do equipo de
traducción.
Ben, digamos que decidiches traducir gettext-N.M. Comeza por
copia-lo ficheiro gettext-N.M/po/gettext.pot a un ficheiro
de traballo chamado gettext-N.M.LL.po, onde LL é o
teu código de idioma, tal como se explicou antes neste texto, e logo
só tés que editar ese ficheiro. Comeza así:
# SOME DESCRIPTIVE TITLE.
# Copyright (C) YEAR Free Software Foundation, Inc.
# FIRST AUTHOR <EMAIL@ADDRESS>, YEAR.
#
#, fuzzy
msgid ""
msgstr ""
"Project-Id-Version: PACKAGE VERSION\n"
"PO-Revision-Date: YEAR-MO-DA HO:MI+DIST\n"
"Last-Translator: FULL NAME <EMAIL@ADDRESS>\n"
"Language-Team: LANGUAGE <LL@li.org>\n"
"MIME-Version: 1.0\n"
"Content-Type: text/plain; charset=CHARSET\n"
"Content-Transfer-Encoding: ENCODING\n"
Cambia tódalas palabras en maiúsculas por algo que sexa
apropiado. Neste caso, será-lo primeiro autor da traducción, e
tamén o último traductor dela. Podes usa-lo teu propio idioma
para cambiar SOME DESCRIPTIVE TITLE ("algún título
descriptivo"), cun título que diga que este ficheiro traduce un
paquete determinado a un idioma determinado. CHARSET pode ser iso-8859-1 por
exemplo, e ENCODING adoita ser 8bit. Borra a liña "#, fuzzy" cando
teñas especificado os elementos en maiúsculas, porque cando xa
está feito, a entrada de cabeceira xa non é difusa (fuzzy).
Cada mensaxe a traducir dase por orde no ficheiro PO. Por exemplo, unha
entrada sen traducir podería ser:
#: lib/error.c:88
msgid "Unknown system error"
msgstr ""
A cadea msgstr baleira debe ser enchida coa
traducción da cadea que se ve despois de msgid. Se
foras un falante de alemán, por exemplo, a entrada, despois de
traducida, podería parecerse a:
#: lib/error.c:88
msgid "Unknown system error"
msgstr "unbekannter Systemfehler"
Simplemente fai unha traducción de tódalas entradas do
ficheiro PO, unha tras outra, respectando o formato xeral do ficheiro e os
formatos precisos para os caracteres especiais, cando faga falla. A
observación e a intuición poden axudarche a entender cal debe
se-lo formato; as regras precisas para os ficheiros PO danse no manual de
GNU gettext. O programa msgfmt axuda moito a
localiza-los erros de formato.
Cando o teu ficheiro PO estea preparado, podes envialo ao teu equipo de
traducción para ter respostas e críticas, e se todo vai ben, a
translation@iro.umontreal.ca
para que sexa incluido despois no propio paquete. O teu envío pode
ser rexeitado se non se recibiu a renuncia ao Copyright, se outra persoa xa
está asignada ao paquete que traduciches, ou se o teu equipo
desaproba o teu traballo oficialmente (se cadra porque non traballas no
equipo). O teu equipo debería ser visto coma unha autoridade para
decidir que traduccións van e cales non, así que será
mellor que colabores con el.
Participa no teu equipo, ou estimúlao
Algúns equipos están bastante ben organizados, cun coordinador
do equipo, varios traductores con responsabilidades claras, un sitio FTP
para os arquivos de intercambios anteriores ou traduccións actuais,
pode que tamén teña un sitio web, cunha FAQ, diccionarios
especializados e literatura relacionada ou punteiros. Por outro lado, outros
equipos teñen só un ou moi poucos membros, que non tiveron
tempo para se organizar correctamente ou non comezaron a traballar.
Debes averigualo ti mesmo. Escribe directamente ao teu equipo, usando o teu
propio idioma, preguntando se alguén o está a coordinar, se
hai unha FAQ, ou se existe algún procedemento para contribuir, porque
cada equipo pode te-los seus propios métodos. Poderías recibir
unha resposta clara e precisa contándoche todo o que precisas saber.
No peor caso, pode que non recibas ningunha resposta.
No caso do silencio, deberás tomar unha decisión. Podes recuar
e sair do Proxecto de Traducción e esquencerte do tema. Ou
tamén podes decidir responsabilizarte do teu equipo e tratar de
revivilo, respostando aos voluntarios futuros e facendo traduccións
propias. Un equipo é só tan activo coma os seus membros. Se
todos teñen vergoña e ninguén é capaz de tomar
decisións, nada se move. Se un equipo ten un ou máis bos
líderes, as cousas adoitan ir suavemente. Se varias persoas
loitan polo liderato, o equipo pode que teña que resolve-los
problemas que ten, e pode que queiras ser parte da solución. Como ti
queiras.
Pode que saibas de outra xente que estea interesada en traballar de
voluntario para o teu idioma. Daquela, por suposto, podes invitalos a unirse
a ti e subscribirse ao equipo de idioma axeitado.
O teu coordinador de traduccións
<translation@iro.umontreal.ca>
Traducido por Jacobo Tarrío
<jacobo@tarrio.cjb.net>