blogue de mbouzada

GALPon publica unha Debian Cheat en formato Cubo

Desde GALPon informan que veñen de publicar un «Debian Cheat Cube» , ou o que é o mesmo, unha «chuleta» para imprimir en cartulina, recortar e encolar, cunha escolma de ordes e a súa explicación en galego, para sistemas Debian.

Pódese descargar de: http://gruvi.galpon.org/arquivos/Cheat-Debian/galego/Debian_Cheat_Cube_G...

Os fontes (e outros idiomas) están accesíbeis en: http://gruvi.galpon.org/arquivos/Cheat-Debian/

LibreOffice 3.3.3 listo para descarga

Versión recomendada para institucións e grandes entidades

Novidades desde Galician NL Project / Proxecto Galego de LibreOffice:

«A Document Foundation anuncia a dispoñibilidade da LibreOffice 3.3.3, unha nova edición da máis estábel versión da suite libre de produtividade de oficina, dirixida a usuarios corporativos. LibreOffice 3.3.3 xa está dispoñíbel para descarga desde o seguinte enderezo: http://www.libreoffice.org/download.

Conforme Thorsten Behrens, desenvolvedor e membro do Comité Executivo da TDF, “LibreOffice 3.3.3 resolve varios defectos e mellora a seguranza da suite, con especial énfase nas necesidades de implantación en entidades, onde a estabilidade é máis importante que funcionalidades novidosas. Esta ramificación será sostida ata finais de ano, para permitir unha transición suave e segura a LibreOffice 3.4.x.”

LibreOffice 3.3.3 está dispoñíbel para Windows, MacOS X e Linux (DEB e RPM), en máis de 100 idiomas diferentes (máis de dúas veces da cobertura idiomática cos produtos privativos comparábeis). Os usuarios de LibreOffice 3.3.2 están convidados a actualizar o seu software.»

Ver en liña : LibreOffice 3.3.3 listo para descarga

PS.

Contactos de prensa e medios

Florian Effenberger (para os próximos a Munich, Germany, UTC+1) Phone: +49 8341 99660880 – Mobile: +49 151 14424108 E-mail: floeff@documentfoundation.org – Skype: floeff

Olivier Hallot (para os próximos a Rio de Xaneiro, Brasil, UTC-3) Mobile: +55 21 88228812 E-mail: olivier.hallot@documentfoundation.org

Charles H. Schulz (para os próximos a Paris, Francia, UTC+1) Mobile: +33 6 98655424 E-mail: charles.schulz@documentfoundation.org

Italo Vignoli (para os próximos a Milán, Italia, UTC+1) VoIP: +39 02 320621813 – Mobile: +39 348 5653829 E-mail: italo.vignoli@documentfoundation.org Skype: italovignoli – Google Talk: italo.vignoli@gmail.com

Ubuntu 11.04 coa súa interface, unha vez máis, ao 100% en galego

Semella sinxelo, mais o traballo e moito, máis nesta versión en que Ubuntu cambia ao contorno de escritorio «Unity», porén, unha vez máis, o esforzo pagou a pena.

Certamente temos unha comunidade de tradución que merece todos os nosos parabéns, sendo de xustiza lembrar as excelentes relacións entre todos os equipos que conforman o Proxecto Trasno e que tamén teñen a súa parte importante neste logro, como son os equipos de Gnome, LibreOffice, Firefox, LXDE, KDE, etc...

orixinal da captura