
blogue de meixome
A edición beta 2 de LibreOffice xa se pode instalar en galego
Enviado por meixome o ven, 10/15/2010 - 20:21Xa está aquí a primeirísima ocasión para instalar en galego a suite de oficina LibreOffice. A evolución de OpenOffice coa que se celebra o 10 aniversario da comunidade. En Trasno ademais de presentarvos este novo proxecto ofrecemos un pequeno tutorial de instalación para guiarvos paso a paso. Animádevos a serdes os pioneiros usuarios de LibreOffice
Como o seu nome indica xa non só é aberta senón que o seu maior valor neste momento de arranque do proxecto LibreOffice, ao abeiro da The Document Foundation é que está totalmente baixo o control da comunidade. Agora está libre de compromisos e evolucionando a grande velocidade.
A comunidade galega xa está comezando a dar o seus primeiros froitos. Únete e colabora poñendote en contacto co equipo galego
- Acceda ou rexistrese para facer un comentario
- Ler máis



