Galería de imaxes do EITSL

Outubro 9th, 2014 | Por Antón Méixome en Ferramentas | galego | Recursos | Trasnadas | trasno | Uncategorized - (0 Comentarios)
15251063890_60d23ae820_m

Todas as fotos de dous intensos días de intercambio

Presentamos Trasno Translation Toolkit, ou Trebellos de Tradución de Trasno

Agosto 7th, 2014 | Por Miguel Branco en Distribucións | Ferramentas | GALPon MiniNo | Recursos - (0 Comentarios)

Levabamos xa un bo tempo pensando en solucionar un problema que se nos presentaba cada vez que queriamos facer un obradoiro de tradución de software. Normalmente nos espazos dispoñíbeis tiñamos que instalar todo o software preciso e isto adoitaba xerar dúbidas nos administradores dos equipos. Para solucionar este problema, pensabamos en dispor dunha ISO que …
Ler máis

Owncloud, a nube autónoma en galego

Outubro 25th, 2013 | Por Antón Méixome en escritorio | Ferramentas | galego | nova versión | tradución | Uncategorized - (0 Comentarios)
owncloud

Da man de Miguel Bouzada, tradutor e co líder do equipo de tradución damos a coñecer que o software Owncloud está xa adaptado ao galego ao 100% na súa nova versión 0.6 en desenvolvemento e que resulta un complemento que recomendamos como alternativo a solucións de código privativo tipo Dropbox. O sistema Owncloud é unha …
Ler máis

Nova versión do corrector ortográfico Hunspell para o galego

Outubro 24th, 2013 | Por Miguel Branco en Escritorios | Ferramentas | Mozilla | Ofimática | Recursos - (0 Comentarios)

Dende o Proxecto Trasno informámosvos do lanzamento dunha nova versión do corrector ortográfico Hunspell para o galego e o seu engadido para o navegador Mozilla Firefox. Hunspell para o galego: versión 13.10 «Padre Sobreira» A nova versión do corrector ortográfico Hunspell é a 13.10 «Padre Sobreira». Estivo baixo a coordinación de Antón Méixome e con …
Ler máis

Publicamos a nova versión do corrector ortográfico Hunspell do galego, para LibreOffice e OpenOffice

Outubro 21st, 2012 | Por administrador en Ferramentas - (0 Comentarios)

Dende o Proxecto Trasno e baixo a coordinación de Antón Méixome liberamos hoxe unha nova versión do corrector ortográfico Hunspell para o galego: a version 12.10 «Manuel Pintos».


Ler máis

O editor html BlueGriffon en galego

Xuño 9th, 2012 | Por Fran en Ferramentas - (0 Comentarios)

Proxecto Trasno anuncia a dispoñibilidade da tradución oficial do editor html BlueGriffon. BlueGriffon é un editor libre de páxinas web (html, css, etc) que pode ser descargado desde a súa páxina oficial. Trátase dun novo editor de contido visual (WYSIWYG). Creado a partir do motor de renderizado web Gecko, o mesmo motor que Firefox, é …
Ler máis

Publicouse Pology 0.10

Novembro 25th, 2011 | Por administrador en Ferramentas - (0 Comentarios)

O  día 2011-11-25  ás 15:05 publicouse a versión 0.10 de pology.

Parabéns ao equipo de desenvolvemento, … e a gozalo os usuarios.


Ler máis

Actualización das regras do Pology

Novembro 11th, 2011 | Por administrador en Ferramentas - (0 Comentarios)

As regras do filtro check-rules da ferramenta pology foron actualizados segundo os acordos da Trasnada 11.0.

Esta actualización presenta regras básicas polo que é de esperar que polo momento detecten grande cantidade tanto de falsos positivos como falsos negativos.

Para mellorar na escollas das regras a aplicar a cada caso particular, engadiuse un ficheiro README onde se explica a estrutura dos identificadores das regras.

Asemade revisáronse as licenzas dos distintos ficheiros, que se distribúen sob unha BSD de 3 cláusulas no caso dos ficheiros de regras e no da documentación a «The FreeBSD Documentation License».


Ler máis

O navegador Chromium e o S.O. ChromeOS traducidos ao galego

Decembro 27th, 2010 | Por Antón Méixome en Ferramentas - (0 Comentarios)

Despois de que o día 9 de decembro fose anunciada a apertura das traducións destes aplicativos ao través da plataforma «Launchpad» de Ubuntu, o equipo galego de tradución de Ubuntu (o Ubuntu Galician Translator) púxose mans a obra, constituíu o «Launchpad Galician Translators» e comezou a súa tradución. Froito deste esforzo foi o ter acadado a súa tradución total no día 19 de decembro, o que levou aos responsábeis a ternos felicitado publicamente, xa que fomos un dos primeiros idiomas en ter traducidos todos os ficheiros ao 100% (xunto co chinés e o euskara).

Salientar que o galego partia en situación de desvantaxe fronte a outros idiomas, xa que a maioría (dos actualmente rexistrados) xa tiñan o navegador traducido, co que só lles restaba traducir o 40,25% do total.


Ler máis

Presentación do manual «Comezar con Ubuntu»

Decembro 27th, 2010 | Por Antón Méixome en Ferramentas | Formar e divulgar - (0 Comentarios)

O pasado 14 de decembro,  reuníronse no Salón de Actos da Casa de Cultura os promotores da primeira edición do manual de Ubuntu en lingua galega. Tanto don José Andrés Freire en representación da área TIC da USC como dona Vitoria Rei Mariño, tenenta de alcalde de Dodro e afitriona, salientaron a satisfacción por ver o produto xa publicado e dispoñíbel para a súa distribución e uso por todo tipo de público, así como agradeceron o financiamento que se obtivo da Deputación da Coruña e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Interveu tamén don Miguel Branco Vázquez como presidente da AC Proxecto Trasno que fixo fincapé no interese de dar continuidade a este tipo de iniciativas en que, polo interese xeral colaboran tanto a Administración como entes cívicos. Remataron a quenda de intervencións os responsables dos servizos técnicos do Concello e da USC implicados así como don Miguel Bouzada como representante dos tradutores voluntarios.

A obra «Comezar con Ubuntu 10.04», que agora sae editado en papel, é unha guía para principantes do sistema operativo Ubuntu. O manual, que tamén se pode obter de balde pola Internet axudaralle aos usuarios noveis a familiarizarse coas tarefas diarias deste potente sistema: navegar polo web, escoitar música ou escanear documentos. Poñendo énfase na sinxeleza ao seguir as instrucións, e é axeitado para todos os niveis de experiencia. Escrito cunha licenza de código aberto, o manual conta coa correspondente versión electrónica, accesible dende a web propia desta, que é de balde para descargar, ler, modificar e compartir (http://ubuntu.usc.es/manual).

Comezar con Ubuntu 10.04 é un proxecto de colaboración entre a Concellaría de Dodro, a Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela e a AC Proxecto Trasno, que forneceron o persoal técnico tanto lingüístico como informático e que chega ao soporte en papel financiado pola Deputación da Coruña, a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvento Tecnolóxico de Galicia e a Xunta de Galicia, e que xa ten asegurado unha nova reimpresión ao abeiro do convenio cos grupos de usuarios de software libre coa SX de Modernización e Innovación Tecnolóxica da cal AC Trasno é asinante.

Constitúe esta obra unha boa mostra de colaboración entre as distintas institucións, que facilitan a asesoria técnica e lingüística e medios para a impresión, e a sociedade civil, que sacou este proxecto de tradución tecnicamente complexo. As arredor de 5000 liñas do manual (resultado dun corpo de tradución de 9000 liñas) a penas foi traducido a un par de linguas máis. Con este acto formal as tres entidades implicadas na edición comezarán agora a distribución das súas propias reimpresións do Manual en función das necesidades que ten cada unha e do diverso público para o que se fixo.

Considérase que tanto a implantación na rede de locais socioculturais do Concello de Dodro, as aulas libres da USC así como os cursos de formación da Asociación Trasno serán os primeiros en recibir este material. Sen dúbida a implantación do programa Abalar (baseado no mesmo sistema operativo) será unha fonte de demanda importante para este tipo de materiais e así se espera que se poida seguir mantendo actualizado de cara ao futuro.


Ler máis