¿por qué non se usa o foro do Trasno?

vexo que a lista de correo é relativamente activa e parece o método de comunicación preferido polos trasnegos. Pero os foros de discusión presentan (moitas) máis vantaxes que a lista. Na miña opinión, claro.

Non pido unha migración masiva a este foro :P , pero moitas das discusións que mantedes pola lista serían moi útiles se estivesen a libre, e sinxela, disposición pública. Ademáis poderíanse usar as ferramentas do foro para buscar nos temas, organizar seccións segundo a temática, ....

Incluso é máis doado de seguir un tema que non a través do correo.

Outro punto é que a moit@s o correo parécenos un medio serio onde tes que "escribir algo con fundamento e discurso" (quizáis por aborrecer do correo lixo) e nun foro sen embargo podes facer un comentario máis informal ou un reflexión curta sen pretensións pero que quizáis aporta algo a quen o lee.

Non lle concedo virtudes "superiores" ós foros, quizáis é so unha cuestión de gusto particular.

É a miña opinión, qué vos parece o foro como ferramenta?

saúdos

Tags:
Member since:
26 Abril 2010
Last activity:
5 semanas 4 días

Pódese facer pero é un tema complicado debido ás diferentes hábitos de traballo. Tampouco se pode reducir a un problema de foros/listas porque ademais están as redes sociais e outros servizos que están sendo infrautilizados.

O ideal sería cando menos a integración deses catro: web (e os RSS), listas, foro e redes sociais... xa vemos que non pode ser doado.

Fundamentalmente xoga a favor das listas a tradición e o feito de que este é o método de coordinación básico en case todos os grandes proxectos de localización nos que estamos. Tanto Mozilla, como KDE, Gnome, Ubuntu, OpenOffice.org, LibreOffice, etc utilizan as listas de correo para organizar a internacionalización, así que tanto os coordinadores galegos como os colaboradores teñen que utilizalas, queiran que non.

A favor dos foros xoga a accesibilidade cara ao noso público usuario, con dúbidas, ideas novas ou curiosidades. Interésannos ambas canles. Se conseguimos levar a accesibilidade á parte "web" estou seguro de que mellorará moito a resposta dos usuarios e os futuros colaboradores porque estou convencido de que as listas son vistas como "clubs" e a subscrición como unha petición de entrada a unha casa «de outros». Os que o coñecemos sabemos que non é así pero...

Outra cousa que tira para atrás é precisamente a falta de uso :P

Moita información interesante, pública, ás veces vital, está nas listas co cal hai que sentirse moi «pioneiro» para abrir fíos novos no foro, sen a garantía e a tranquilidade que dá o poder ver que temas se tratan, en que ton, a garantía da resposta, etc.é dicir a súa utilidade.

Creo que para que funcionen os foros hai que atopar algunha maneira de verter os contidos da lista neles, algo así como o seu capital fundacional e ver que medra día a día.

Member since:
21 Xuño 2010
Last activity:
1 ano 12 semanas

cambiar os hábitos de traballo, máis cando éstos parecen ser altamente productivos, semella complicado de facer. Lóxicamente. Pero o "simple" volcado das mensaxes da lista no foro axudaría a moita xente que lle ten respeto a ésto de traducir a que visen en qué consiste, cómo se traballa, cáles son as dúbidas e problemas que TOD@S temos, .... sen ter que meterse en casa allea como podería dar a impresión coa lista.

Polo tanto, o foro, na miña opinión, máis que axudar ós actuais suscriptores da lista a facilitarlles o traballo, axudaría a acercar o traballo que se realiza a posibles futuros colaboradores

Outro punto. Cómo tratan os buscadores ós foros e ás listas de correo? Non vos aparecen mooooooitos máis resultados dos primeiros ca dos segundos? Quizáis sexa unha ferramenta de promoción do proxecto o aparecer nos resultados de búsquedas.

non teño nada en contra da lista, en contra do qu puidese parecer :D :D . Atopei alí resposta a todo o que preguntei e fun ofrecido con canta axuda como precisase.