A AC Proxecto Trasno celebra a 1ª asemblea ordinaria de 2012

logoA Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno informa de que se celebrará a primeira asemblea ordinaria do ano 2012 o vindeiro Sábado 26 de Maio ás 13:30 no Centro Ágora, na cidade da Coruña.

A esta asemblea están chamados todos/as os/as socios/as para decidiren sobre as cuestións incluídas na orde do día, así como de calquera outro tema que desexen que se discuta no seo da asociación. Porén queremos facer extensivo este chamamento a todos/as os/as localizadores/as ao galego que non forman parte da asociación para que poidan coñecernos, preguntarnos e dar a súa opinión sobre dos temas que nos ocupan ou mesmo asociarse. 

A asociación xurdiu no 2009 cos traductores do Proxecto Trasno, xa nado no 1999, para representar ao proxecto e fomentar a localización de software libre ao galego. Durante estes últimos a asociación organizou diversos actos de difusión de software libre e de facilitación do labor de localización de software libre ao galego.

Calquera persoa interesada en coñecer o Proxecto Trasno e a súa Asociación, poderá asistir tanto á asemblea como á Trasnada 12.0 que tamén se celebrará en parte ese mesmo día.

A asemblea e a Trasnada 12.0 terán lugar no Centro Ágora, na Cidade da Coruña, rúa Ágora, s/n. Aquí tedes un mapa de onde se realiza a actividade:

  • Mapa fornecido polo propio centro Ágora
  • Mapa do centro Ágora en OpenStreetMap

Para informarse ou preguntar sobre da reunión, póñanse en contacto neste enderezo de correo.