Celebramos o Día do Software Libre en Mugardos

Os trasnegos sumarémonos á comunidade de O Zulo de Mugardos para celebrar o «Software Freedom Day 2010», o día do Software libre que se celebra este 18 de Septembro.

A AC O Zulo de Mugardos, dentro do «Ciberencontro Kernel 2010», quixeron convocar a todas as comunidade do software libre galegas para celebrar con eles este evento, dentro do marco do Kernel 2010. O SFD é unha festividade pensada para:

  • "divulgar os beneficios que supón (tanto técnica, social e económicamente) o emprego de “FOSS” - aplicacións informáticas de código aberto e libres,nos eidos da educación, administración, ámbito doméstico, empresarial, técnico, ..."
  • o fomento da igualdade de oportunidades mediante a tecnoloxía e o seu uso libre
  • promover o diálogo contrutivo sobre o dereito e responsabilidade da sociedade á liberdade da cultura e da información

O Proxecto Trasno, coma o resto de comunidades do software libre galega, estaremos alí para unirnos á celebración.

As actividades previstas para ese día, que comezará ás 11:00 horas, son:

  • Presentación oficial distribución do sistema operativo para computadores con poucos recursos, GALPon MiniNo 1.2. Desenvolvida polo Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPon). A súa potencialidade e prestacións.
  • Obradoiro de instalación de GALPon MiniNo en computadores antigos,procedentes da renovación de equipos do Concello de Mugardos e que finalmente doará o Concello a asociacións e entidades sen afán de lucro.
  • Foro – debate «O FOSS, “software e cultura libre” na sociedade do século XXI» , coa participación de representantes dos GULs (Grupo de usuarios de linux e software libre) de Galicia.