CMS Spip

Fallou o acceso OpenID.

CMS Spip

spipSistema de Publicación para a Internet (SPIP)Sistema de Publicación para a Internet (SPIP)

A localización deste veterano  sistema de xestión de contido que xa ten 10 anos, mantena Antón Méixome desde o ano 2004

O obxectivo de SPIP é o de...

-  xestionar un web de tipo revista, quer dicir, composto principalmente por artigos e breves inseridas dentro dunha estructura de seccións ou áreas arborescentes imbrincadas as unhas dentro das outras. Ver a lista completa de caracteristicas de SPIP para maior detalle.

-  separar totalmente, e distribuír entre diferentes persoas, tres tipos de tarefas : a composición gráfica, a contribución redactiva pola via da proposta de artigos e de breves, e a xestiónn editorial do web (tarefa que comprende a organización de temas ou áreas, a validación de artigos propostos,...).

-  dispensar o webmáster e a todos os participantes a cargo do web dun certo número de aspectos que fastían a publicación sobre a web, así como de coñecementos técnicos demasiado pesados de adquirir. A instalación de SPIP realízase por medio dunha interface simple e paso a paso, ao termo da cal pode comezar a crear temas e artigos.