Erro na conversión de memorias TMX a PO

Ola.

Tentei coverter os .tmx a .po empregando o tmx2po que liberaron hai tres anos en Mancomún. Pero non me funciona. Instalado o php5-cgi e introducida a orde:

php5-cgi tmx2po.php TM_Firefox_3.5.tmx

obteño invariablemente unha mensaxe de erro

Débese especificar un ficheiro...

Parece que o php non colle ningún argumento (argv baleiro).

Pode alguén axudarme con isto?

Graciñas

Tags: