Estivemos en Mugardos no Día do Software Libre

Fallou o acceso OpenID.

Este pasado Sábado tivemos a sorte de estar a canda a Comunidade de O Zulo no seu Kernel 2010 celebrando o Día do Software Libre. Alí poidemos desfrutar da compaña de representantes de case todas os grupos galegos da comunidade libre.

Pola mañá tivemos ocasión de estar na presentación da distro Linux GALPon MiniNo na súa versión Aldaguaira da man dun dos seus desenvolvedores, e a vez trasnego, Miguel Bouzada.

Igualmente, representantes dos LUGs tivemos a ocasión de participar nun foro de debate sobre do software libre. Debatemos sobre do estado da comunidade galega, da administración e a sociedade civil e do estado do software libre en xeral. Podes ver o noso debate a continuación da presentación da MiniNo nesta ligazón

E amais de destrutar do ambiente de do kernel 2010, fomos máis que ben acollidos polo Zulo e polo Concello de Mugardos. De feito, mirade os agasallos cos que viñemos!. Ademais da camisola de rigor deste tipo de eventos, levámonos un libro da «Historia de Mugardos» de JA. Carneiro Rey e MA. Rodríguez Vázquez.

Moitas grazas ao Concello de Mugardos e á Comunidade do Zulo por todo!