Firefox 3.6.15

En Ubuntu activei nos repositorios as actualizacións aconselladas (lucid-proposed) e despois de actualizar o Firefox pasou a ser o 3.6.15. Apareceume en inglés. Teño instalados galego, inglés, portugués e español. Podo cambiar e poñer o Firefox en todas esas linguas, menos en galego. Sei que está traducido porque o vin na web de firefox, pero nos idiomas o galego non me aparece. A ver se algún de vos me pode dicir que é o que pasa, e se hai algunha solución. Saúde

Tags:
Member since:
22 Abril 2010
Last activity:
11 min 53 seg

Certo, este é un problema que sufriu Ubuntu. Xa hai un bo feixe de días que se informou do problema, xa que non foi só o galego o que sufriu esta "desinstalación"
https://bugs.launchpad.net/langpack-o-matic/+bug/731298
que foi solucionado o día 9, aínda que se te fixas na última entrada ten truco, hai que "purgar antes a instalación de FF"

"Note that I can't automatically fix packages for people who already upgraded to the broken PPA version; they will need to purge the packages (-base as well) and reinstall them."