
Inkscape
Inkscape é un editor de gráficos vectoriais semellante a Illustrator, Freehand, CorelDraw, ou Xara X que usa o formato de ficheiro estándar da W3C: Scalable Vector Graphics (SVG).
O coordinador desta sección é Leandro Regueiro. Se queres colaborar coa tradución contacta con el, e apúntate tamén na lista de correo do Proxecto Trasno e na lista de correo para os tradutores de Inkscape.
Ligazóns:
Historia
- 2001: Francisco Xosé Vázquez Grandal traduce Sodipodi, o precursor de Inkscape.
- 2006: Leandro Regueiro inicia a tradución de Inkscape.
- Febreiro de 2007: Publícase Inkscape 0.45, primeira versión en galego.
- Marzo de 2007: Publicase Inkscape 0.45.1 ao 57%.
- Marzo de 2008: Publicase Inkscape 0.46 ao 38%.
- Novembro de 2009: Publícase Inkscape 0.47 ao 36%.
- Agosto de 2010: Publícase a versión 0.48 cunha porcentaxe de tradución superior ao 75%. Comézase a traducir a documentación.



