Inkscape

Inkscape é un editor de gráficos vectoriais semellante a Illustrator, Freehand, CorelDraw, ou Xara X que usa o formato de ficheiro estándar da W3C: Scalable Vector Graphics (SVG).

O coordinador desta sección é Leandro Regueiro. Se queres colaborar coa tradución contacta con el, e apúntate tamén na lista de correo do Proxecto Trasno e na lista de correo para os tradutores de Inkscape.

Ligazóns:

  • Instrucións para traducir
  • Estatísticas da póla de desenvolvemento de Inkscape

Historia

  • 2001: Francisco Xosé Vázquez Grandal traduce Sodipodi, o precursor de Inkscape.
  • 2006: Leandro Regueiro inicia a tradución de Inkscape.
  • Febreiro de 2007: Publícase Inkscape 0.45, primeira versión en galego.
  • Marzo de 2007: Publicase Inkscape 0.45.1 ao 57%.
  • Marzo de 2008: Publicase Inkscape 0.46 ao 38%.
  • Novembro de 2009: Publícase Inkscape 0.47 ao 36%.
  • Agosto de 2010: Publícase a versión 0.48 cunha porcentaxe de tradución superior ao 75%. Comézase a traducir a documentación.