O navegador Chromium e o S.O. ChromeOS traducidos ao galego

Despois de que o día 9 de decembro fose anunciada a apertura das traducións destes aplicativos ao través da plataforma «Launchpad» de Ubuntu, o equipo galego de tradución de Ubuntu (o Ubuntu Galician Translator) púxose mans a obra, constituíu o «Launchpad Galician Translators» e comezou a súa tradución. Froito deste esforzo foi o ter acadado a súa tradución total no día 19 de decembro, o que levou aos responsábeis a ternos felicitado publicamente, xa que fomos un dos primeiros idiomas en ter traducidos todos os ficheiros ao 100% (xunto co chinés e o euskara).

Salientar que o galego partia en situación de desvantaxe fronte a outros idiomas, xa que a maioría (dos actualmente rexistrados) xa tiñan o navegador traducido, co que só lles restaba traducir o 40,25% do total.

Comentarios

Member since:
15 Maio 2010
Last activity:
12 min 13 seg

Un gran traballo o que fixestes.