Publicouse KDE SC 4.8


Publicouse KDE SC 4.8, coa tradución das partes esenciais completa ao 100%.

Na localización da versión 4.8 colaboraron (por orde alfabética do apelido):

  • Xosé Calvo (kdeedu, kdepim, extragrear-graphics, extragear-network,
  • Adrián Chaves (kopete, rekonq, skrooge),
  • Manuel Vázquez (kdemultimedia, playground-multimedia, playground-sysadmin)
  • Marce Villarino (kdelibs, kde-runtime, kde-workspace, qt)

O equipo de L10n de KDE ao galego está composto por persoas voluntarias que realizan este traballo de xeito altruísta no seu tempo libre. Na actualidade non se recibe colaboración ningunha procedente de persoal remunerado por realizar esta labor.

A tradución da GUI de KDE está na actualidade en arredor do 75%, estando pendentes de tradución e revisión unhas 47K unidades de tradución.

Calquera axuda será benvida.