Publicouse a versión mellor traducida ao galego de Inkscape de toda a historia

Fallou o acceso OpenID.

A  finais deste mes de agosto publicouse por fin a versión 0.48 de Inkscape. A tradución ao galego, mantida por Leandro Regueiro, inclúe importantes melloras tanto en cantidade como en calidade xa que se revisaron todas as traducións e se traduciron moitos textos, co que agora o nivel de tradución é maior do 75% superando a idiomas como o portugués ou o romanés. Comezouse e rematouse tamén a tradución de algúns dos titoriais que inclúe o programa de xeito que cada vez é máis sinxelo para os galegofalantes comezar a usar este gran programa de debuxo vectorial.

Ademais ao longo dos nove meses de desenvolvemento desta versión incorporaronse unha gran cantidade de melloras e correccións entre as que podemos mencionar novas ferramentas, novas extensións para desenvolvedores web e melloras en moitos dos compoñentes xa existentes.

Pode consultar as estatísticas de tradución de Inkscape premendo nesta ligazón.