A Trasnada '10, o primeiro festival de tradución de software libre

Os trasnegos imos celebrar a Trasnada '10, o primeiro festival de tradución de software libre ao galego. Será na vila de Ordes, este día 16 de Outubro, en colaboración coa AC Inestable. 

A Trasnada pretende reunír a todos os tradutores de software libre ao galego para darlle un empurrón aos proxectos de localización, coordinarnos e tomar decisións para o futuro. Como parte deste evento teremos un espazo reservado para a formación de novos tradutores. Co cal, estades convidados a este evento todos aqueles de vós que xa traducides software libre e todos aqueles que esteades interesados en aprender a facelo. 

A xornada comezará ás 11:00 na Casa da Cultura do Concello de Ordes e rematará ás 20:00. Farase unha pausa para o xantar a iso das 14:00 e ata as 16:30. Inda sendo un evento público, para mellor coordinación do evento confirmade asistencia na dirección de correo electrónico info [en] trasno.net. Para máis información visitade a páxina do evento.  Aqueles interesados en aprender a traducir software precisaredes de traer os seus equipos convosco. 
 
Tedes un mapa do lugar de celebración a continuación.
 


Ver mapa más grande

Para o evento contamos coa inestimable colaboración da AC Inestable, grupo de usuarios de Linux da comarca e que se ocupará da loxistica do evento; e o Ex. Concello de Ordes. Patrocinan o evento Mabishu, Openhost e a Xunta de Galicia.