Vídeos promocionais de Mozilla con subtítulos en galego

Logotipo do Proxecto Trasno

A comunidade de tradutores de produtos de Mozilla ao galego traduciu os subtítulos de varios vídeos promocionais sobre Mozilla e o seu navegador web Mozilla Firefox. Na tradución de ditos subtítulos participaron varios membros de Proxecto Trasno que ademais revisaron as traducións para asegurar a súa corrección.

A tradución dos subtítulos de vídeos promocionais de Mozilla enmárcase dentro dunha iniciativa para potenciar o espallamento do software libre e aumentar o seu uso polo público, así como para facilitar o proceso de captación de novos colaboradores para os proxectos de software libre de Mozilla.

  • Cámbiate a Firefox

 

 

  • Participar en Mozilla