
Violetland
O Violetland é un xogo de disparos en dúas dimensións en que a protagonista ten que sobrevivir ao ataque dunha serie de monstros.
Tradución
O xogo está internacionalizado con Gettext e completamente traducido ao galego a 15 de xaneiro do 2011. Os ficheiros de tradución poden atoparse no SVN.
O desenvolvedor principal anunciou que vai reescribir o xogo de xeito que poda integrarse un modo de xogo para varios xogadores a través da Internet. Ata que publique o novo código non será necesario actualizar a tradución.



