
Warzone 2100
O Warzone 2100 é un xogo de estratexia bélica en tempo real e en tres dimensións ambientado nun mundo futurista posterior a unha suposta guerra nuclear que acabou coa meirande parte do planeta.
Tradución
O xogo está internacionalizado con Gettext e as instrucións para internacionalizalo están dispoñíbeis no wiki. A 15 de xaneiro do 2011 non hai unha tradución ao galego publicada. Adrián Chaves (Gallaecio) ten unha tradución na que ás veces avanza algunhas cadeas, pero coa que non se puxo en serio (de momento). Se quere traballar na tradución, sería recomendábel pedirlle o que leva feito, para que ese traballo non se perda completamente.



