X-Moto

X-MotoO X-Moto é un videoxogo de plataformas en dúas dimensións no que o xogador conduce unha moto e onde a física do xogo é un factor importante á hora de superar os distintos niveis.

Tradución

As instrucións para traducir o xogo están no wiki do xogo .

En resumo, o ficheiro PO de tradución do xogo pode descargarse de aquí e o de tradución do sitio web de aquí, e unha vez traducidos envíanse mediante este formulario de contacto ─só un ficheiro de cada vez, e inserido, non anexado─.