Xfce 4.10 xa dispoñíbel en galego

O proxecto Trasno anuncia a publicación da última versión estábel de Xfce, a versión 4.10, que inclúe múltiples melloras entre as que se inclúe unha tradución ao galego mellorada e actualizada.

Entre as novidades máis importantes desta nova versión de Xfce atópanse un novo buscador de aplicativos, melloras nas posibilidades de disposición dos paneis, un novo editor de tipos MIME que permite asociar de forma sinxela os aplicativos que abren cada tipo de ficheiro, visualización de miniaturas, melloras nos diálogos de configuración, inicio de aplicativos desde o escritorio cun só clic ou a inclusión da posibilidade de dispór as xanelas nun mosaico e melloras no intercambio de xanela. Na nova de publicación pódense descubrir o resto de novidades incluídas nesta última versión.

Ademais o proxecto Trasno tamén acaba de publicar a memoria de tradución en formato estándar TMX (Translation Memory eXchange) correspondente á tradución desta última versión de Xfce, incluíndo as traducións da interface de usuario e da axuda do núcleo e dos seus compoñentes. Esta memorias de tradución inclúen cambios realizados nas traducións para reflectir os últimos acordos de terminoloxía adoptados nas Trasnadas impulsadas polo Proxecto Trasno.

Comentarios

Member since:
8 Maio 2012
Last activity:
1 semana 1 día

coach bags are the Fashion bags in the world, people always want to have a coach bag,

which is the symbol of the fashion. why it is so popular, because it is not just coach

materials,and distribution from bags of consciousness itself, but also you can get a

romantic, luxury and trendy fashion bags which contact to match your personality. You

can get a coach bag in online store for high-quality affordable interest rates. It is

not you out of your room. You can buy them online, just click can make your

achievements. cheap coach handbags

with great quality are selling. You will love it!