
Xornada de portas abertas no curso de localización
Enviado por miguelbranco o xov, 11/18/2010 - 15:49
Dende o día 16 até o 25 estamos celebrando o «Curso de tradución ao galego de aplicativos libres».
A xornada de obradoiro de mañá Venres 19 e Luns 22 serán de portas abertas ao público non inscrito no curso na sesión de tarde (de 16:15 a 19:45). Os interesados en aprender a traducir aplicativos libres poden vir e unirse á sesión práctica. Non se precisa traer equipos para o curso.
- Acceda ou rexistrese para facer un comentario



