
Zaz
O Zaz é un xogo de habilidade no que hai que xuntar bólas dunha mesma cor de tres en tres para facelas desaparecer e evitar que cheguen ao final dun percorrido, pois nese caso pérdese.
Tradución
Xa se enviou unha tradución o 26 de setembro do 2010, pero non foi engadida co resto de traducións. Ademais, o feito de que o envío da tradución ao galego fose a última actividade no proxecto en SourceForge a 15 de xaneiro do 2011 leva a pensar que o desenvolvemento do xogo está morto.



