]> Pantallas de Axuda da Instalación Selección da Lingua Escolla a lingua que desexa usar durante a instalación de &RHL;. Selección do Soporte de Linguas Ten que seleccionar unha lingua predeterminada. Esta será a usada por omisión no sistema &RHL; cando xa estea instalado. Se decide instalar outras linguas, poderá cambiar a lingua predeterminada trala instalación. Se só vai usar unha lingua no seu sistema, seleccione soamente esa para aforrar espacio no disco. Esta é a configuración por defecto e a recomendada, usando a lingua escollida para a instalación. Sen embargo, se só selecciona unha lingua, será a única que poida usar no sistema &RHL; xa instalado. &RHL; pode tamén instalar e soportar varias linguas. Para usar máis dunha, escolla as que desexe instalar, ou seleccione todas para telas dispoñibles no sistema &RHL; instalado. Use o botón Restablecer para cancelar as escollas. Deste xeito voltará á selección por defecto coa lingua que escollera para a instalación. Configuración do Teclado Escolla o teclado que mellor sirva para o seu sistema. Se non pode atopar unha coincidencia exacta, escolla o máis próximo dos Xenéricos (por exemplo, Xenérico de 101 teclas PC). Logo escolla o tipo do seu teclado (por exemplo, Inglés dos EUA). Para escribir caracteres especiais (como Ñ, Ô e Ç), é necesario usar as "teclas de tiles" ou "dead keys" (tamén coñecidas como secuencias de composición de teclas). Se quere usar caracteres especiais que as requiran, seleccione Activar teclas de tiles. Se non, seleccione Desactivar teclas de tiles. Use o campo de texto baleiro na parte de embaixo da pantalla para probar a configuración do teclado. Configuración do Rato Escolla o tipo de rato correcto para o seu sistema. ¿Ten un rato PS/2, Bus ou serie? (Consello: Se o conector é circular, ten un rato PS/2 ou Bus; se é rectangular, é un rato serie). Tente atopar unha coincidencia exacta na primeira caixa da dereita. Se non o atopa, escolla un que sexa compatible co seu. Se non, seleccione o tipo de rato Xenérico apropiado. Se ten un rato serie, seleccione na seguinte caixa o dispositivo e o porto no que está conectado. O Sistema X Window está deseñado para usar un rato con tres botóns. Se ten un de dous botóns, &RHL; pode emular o botón central. Se ten un rato de dous botóns, seleccione a opción Emular 3 botóns. Trala instalación, poderá facer clic cos dous botóns ó mesmo tempo para que actúe como o botón central. Benvido a Red Hat Linux ¡Benvido! Este proceso de instalación está descrito con detalle na &RHLIG; dispoñible en &RHI;. Lea o manual completamente antes de iniciar o proceso de instalación. Pode atopar copias HTML e PDF do manual en http://www.redhat.com. Tamén hai unha copia HTML nos CDs de &RHL;. Característica: &RHL; ten un modo de instalación coñecido como "partitionless" (sen particións). Se o seu sistema ten unha partición FAT (DOS/Windows) con espacio libre dabondo, pode instalar &RHL; sen reparticionar o disco duro. Esta opción é boa para a xente que quere probar &RHL; interferindo minimamente co sistema actual. Consulte a &RHLIG; para máis información. Se mercou a distribución oficial en caixa de &RHL;, lembre rexistrar o producto a través da páxina web (www.redhat.com/apps/activate/). Durante esta instalación, poderá usar o rato para escoller diferentes opcións. Pode tamén usar o teclado, empregando as teclas Tab e Enter. Use os botóns Seguinte e Anterior para desprazarse polas pantallas. Prema Seguinte para gardar a configuración e continuar coa seguinte pantalla; prema Anterior para voltar á pantalla anterior sen gardar a información. Para minimizar esta pantalla de axuda, prema o botón Agochar Axuda. As notas da versión de &RHL; &RHLVER; fornecen unha visión xeral das funcionalidades que non están dispoñibles na documentación. Para velas, prema o botón Notas da Versión e aparecerá unha nova pantalla. Prema Pechar para pechar as notas e voltar ó programa de instalación. Pode cancelar esta instalación en calquera instante ata chegar á pantalla Preparando a Instalación. Cando prema Seguinte nesa pantalla, comezará a instalación dos paquetes e os datos serán escritos no disco duro. Para cancelar antes desta pantalla, pode reiniciar con seguridade o sistema (use o botón reiniciar, ou Ctrl Alt Supr ). Benvido a Red Hat Linux Entrou no modo de reconfiguración, que lle permitirá configurar certas opcións específicas do seu ordenador. Para saír sen facer modificacións, seleccione 'Non' e prema embaixo o botón Seguinte. Durante a configuración, poderá usar o rato para escoller diferentes opcións. Pode tamén usar o teclado, empregando as teclas Tab e Enter. Use os botóns Seguinte e Anterior para desprazarse polas pantallas. Prema Seguinte para gardar a configuración e continuar coa seguinte pantalla; prema Anterior para voltar á pantalla anterior sen gardar a información. Para minimizar esta pantalla de axuda, prema o botón Agochar Axuda. Opcións de Instalación Decida se quere realizar unha instalación completa ou unha actualización. Unha instalación completa destruirá toda a información gardada nas particións seleccionadas. Unha actualización preservará os datos do sistema &RHL;. Se quere realizar unha instalación completa, terá que escoller a clase (ou tipo) de instalación. As opcións son: Estación de traballo, Servidor, Portátil, ou Personalizada. Se non sabe que clase de instalación desexa, lea o seguinte coidadosamente. Nota: Ademais dos métodos de instalación mencionados embaixo, &RHL; tamén se pode instalar dentro dunha partición FAT (DOS/Windows) xa existente. Este método de instalación "partitionless" é seleccionado automaticamente ó etiquetar unha partición DOS como / na pantalla de particionamento do Disk Druid. Con este método queda desactivada a eliminación automática de particións nas instalacións da clase estación de traballo. As instalacións da clase Estación de Traballo instalan o Sistema X Window e o(s) xestor(es) de escritorio da súa escolla. Unha instalación desta clase elimina tódalas particións de Linux que existan nos discos duros (e usa o espacio baleiro sen particionar). As particións que non sexan de Linux ficarán intactas, e trala instalación poderá arrincar outros sistemas operativos instalados ademais de &RHL;. Se desexa que o sistema funcione como un servidor Linux, e non quere personalizar detalladamente a configuración do sistema, ou instalar X Window, o máis acaído é unha instalación de clase Servidor. Esta clase de instalación elimina TODAS as particións existentes en TODOS os discos duros instalados, polo que só debe escollela se non ten nada que queira gardar Isto inclúe TODAS as particións usadas por outros sistemas operativos. TODAS as unidades serán borradas -- ¡non estamos a brincar! As instalacións de clase Portátil instalarán o Sistema X Window e o(s) xestor(es) de escritorio da súa escolla. Esta clase de instalación é moi similar á de estación de traballo, pero ten soporte adicional para PCMCIA. Unha instalación de clase Portátil elimina tódalas particións de Linux en tódolos discos duros instalados (e usa o espacio libre sen particionar). As particións que non sexan de Linux ficarán intactas, e trala instalación poderá arrincar outros sistemas operativos instalados ademais de &RHL;. Soamente a instalación personalizada lle dá flexibilidade completa. Durante unha instalación deste tipo, é vostede quen decide como particionar o espacio do disco. Ten control completo sobre os paquetes que se van instalar no sistema. Tamén pode decidir se quere usar o LILO para arrincalo. A menos que teña experiencia anterior en Linux, non debería seleccionar este método de instalación. Para máis información sobre as diferencias entre as instalacións de tipo estación de traballo, servidor, portátil e personalizada, consulte a &RHLIG;. Actualización do Sistema Tras escoller a actualización, pode tamén decidir se quere personalizar os paquetes. Se non desexa seleccionar paquetes adicionais para actualizar, prema Seguinte para continuar. Para personalizar os paquetes, seleccione Especificar os paquetes para actualizar e entón prema Seguinte. Uso do fdisk Seleccione a unidade que desexe particionar. Ó premer nunha unidade, aparecerá a pantalla de particionamento do fdisk. Pode usalo parar crear, eliminar ou modificar particións no disco duro seleccionado. Se decide que non quere usar o fdisk, volte á pantalla Anterior, deseleccione a opción Usar fdisk, e prema Seguinte para continuar. Cando teña particionada a unidade usando o fdisk, voltará a esta pantalla. Se ten algún outro disco duro que desexe particionar usando o fdisk, seleccióneo. Se non, prema Seguinte para asociar os puntos de montaxe ás particións usando o Disk Druid. Particionamento co <application>fdisk</application> Aquí pode particionar unha unidade co fdisk. Se necesita axuda, escriba m no prompt para obter unha lista dos comandos. Algúns comandos para empezar: n -- Engade unha nova partición. d -- Elimina unha partición. p -- Mostra a táboa de particións. l -- Lista os tipos de partición coñecidos. w -- Escribe a táboa de particións no disco e sae do fdisk. q -- Sae sen gardar as modificacións. Aviso da Partición de Arrinque Esta pantalla só aparece cando a partición de arrinque excede o límite do cilindro 1023 durante o particionamento. O soporte LBA32 é novo en &RHL; &RHLVER;, e actualmente non tódalas placas base que aseguran que o soportan funcionan correctamente. É moi recomendado que faga un disquete de arrinque se quere continuar. Se non, pode que non lle sexa posible iniciar &RHL; ó rematar a instalación. Particionamento Automático ¿Está seguro? Vai perder datos se realiza esta instalación. Esta clase de instalación eliminará TODOS os datos en TODAS as particións de Linux existentes en TODAS as unidades de disco. Se quere preservar os datos das particións de Linux existentes, terá que particionar manualmente ou escoller unha instalación personalizada. Use o botón Anterior para seleccionar unha instalación personalizada, ou Seguinte se quere continuar coa instalación de tipo estación de traballo. Se quere particionar manualmente, pode escoller a ferramenta de particionamento Disk Druid ou fdisk (só para expertos). Particionamento Automático ¿Está seguro? Vai perder datos se realiza esta instalación. Esta clase de instalación eliminará TODOS os datos en TODAS as particións de TODAS as unidades de disco. Se ten outro SO que quere manter, non escolla esta clase de instalación. Se quere preservar os datos ou outro SO, terá que particionar manualmente ou escoller unha instalación personalizada. Se quere particionar manualmente, pode escoller a ferramenta de particionamento Disk Druid ou fdisk (só para expertos). Use o botón Anterior para seleccionar unha instalación personalizada, ou Seguinte se quere continuar coa instalación de tipo servidor. Particións Decida onde desexa instalar &RHL;. Nota: Se va realizar unha Instalación sen Particións (partitionless), terá que definir unha partición DOS/Windows como raíz, representada por unha /. Prema a partición FAT que queira usar para esta instalación, e logo utilice Editar para asociarlle o punto de montaxe / (root). Prema Aceptar cando remate. Ó confirmar esta escolla, terá que definir a cantidade apropiada para o sistema de ficheiros raíz e para o espacio de intercambio. Para instruccións máis detalladas, consulte o capítulo Instalación sen Particionar (Installing Without Partitioning) na &RHLIG;. Se non sabe como particionar o seu sistema, lea a sección sobre particionamento na &RHLIG; ou na &RHLRGS;. Se rematou o particionamento co fdisk, ten que definir os puntos de montaxe para as particións. Use o botón Editar tras seleccionar unha partición, para definir o seu punto de montaxe. Se está a usar o Disk Druid, terá que definir os puntos de montaxe para unha ou máis particións. Tamén pode que teña que crear e/ou eliminar particións neste punto. A pantalla superior amosa as particións existentes. Cada unha delas ten cinco campos: Punto de Montaxe: Este campo indica onde vai estar montada a partición cando &RHL; estea instalado e funcionando. Se algunha das particións está etiquetada como "sen asociar", terá que definir o punto de montaxe. Pode usar a tecla Editar ou facer dobre clic sobre a partición. Dispositivo: Este campo amosa o nome do dispositivo da partición (por exemplo, hda2 representa a segunda partición do disco duro primario). Solicitado: O campo Solicitado amosa canto espacio ten a partición. Se quere redefinir o tamaño, terá que borrar a partición e creala novamente usando o botón Engadir. Real: Este campo amosa canto espacio está a usar a partición. Tipo: Este campo amosa o tipo da partición (como Nativa de Linux ou DOS). Mentres se despraza a través da sección de Particións, pode que vexa a mensaxe Partición Solicitada sen Asignar (en cor vermella), seguida de unha ou máis particións. Unha razón habitual para que unha partición estea sen asignar é que non teña espacio libre dabondo. Para arranxar unha partición solicitada sen asignar, terá que movela a outra unidade con espacio dispoñible, redimensionar a particion para encaixala na unidade actual, ou eliminala completamente. Faga as modificacións usando o botón Editar ou facendo dobre clic sobre a partición. Particionando o seu Sistema A ringleira central de botóns controla as accións da ferramenta de particionamento. Aquí pode engadir, editar e eliminar particións. Ademais, hai botóns que pode usar para aceptar as modificacións realizadas, ou restablecer e saír da ferramenta de particionamento. Engadir: Use este botón para solicitar unha nova partición. Ó seleccionalo, aparecerá un diálogo cos campos que hai que encher (como o punto de montaxe, o tamaño e o tipo). Editar: Use este botón para modificar o punto de montaxe da partición seleccionada actualmente. Eliminar: Use este botón para eliminar unha partición. Aparecerá un diálogo para pedirlle que confirme a eliminación. Restablecer: Use este botón para cancelar as modificacións realizadas. Crear Dispositivo RAID: Use o botón Crear Dispositivo RAID SOAMENTE se ten experencia usando RAID. Para saber máis sobre isto, consulte a &RHLRGS;. Resumes de Unidades Esta sección amosa a configuración dos discos do seu ordenador, dun xeito resumido. Cada liña contén os seguintes campos: Unidade: Este campo amosa o nome do dispositivo do disco duro (como hda ou hdb). Xeom [C/H/S]: A xeometría do disco duro amosa o número de cilindros, cabezas e sectores. Total: Este campo amosa o espacio total dispoñible no disco duro. Libre: Aquí pode ver canto espacio hai aínda dispoñible no disco duro. Usado: Estes campos amosan o espacio que hai asignado a particións no disco duro, en megabytes e porcentaxe. Configuración do Sistema de Ficheiros Primeiro, escolla o tamaño do sistema de ficheiros raíz, se non quere o valor por omisión, que é a metade do espacio libre dispoñible. O espacio de intercambio é por defecto 32 megabytes, pero pode facelo meirande se for necesario. Escolla as particións para formatar Escolla as particións que desexe formatar para &RHL;. ¿Quere verificar os bloques erróneos? Esta verificación pode axudar a previr a perda de datos, atopando os bloques erróneos que haxa nunha unidade, e creando unha lista para evitar que se escriban datos neles. Configuración do LILO LILO, o LInux LOader, é un programa que se pode usar para iniciar &RHL; no seu ordenador. Tamén pode arrincar outros sistemas operativos, como Windows 9x. Aquí terá que decidir cómo quere (e se quere) configurar o LILO. Crear disquete de arrinque: Debería crear un disquete de arrinque se non vai instalar o LILO no MBR, ou se non o vai instalar. Non instalar o LILO: Pode optar por omitir a configuración do LILO se non o quere instalar no disco duro. Se ten dous discos duros con distintos sistemas operativos en cada un, pode que prefira usar un disquete de arrinque no canto do LILO. Para instalar o LILO, decida o lugar onde quere instalalo. Se o sistema vai usar unicamente &RHL;, debería escoller o Master Boot Record (MBR). Para os sistemas nos que convivan Win95/98 e &RHL; nun mesmo disco duro, debería tamén instalar o LILO no MBR. Se ten Windows NT (e quere instalar o LILO), debería instalalo no primeiro sector da partición de arrinque. Lembre tamén crear o disquete de arrinque, doutro xeito non poderá entrar en Linux. Se decide non instalar o LILO por calquera razón, faga un disquete de arrinque para poder iniciar &RHL;. Se o seu ordenador non accede ó disco duro en modo lineal, desmarque a opción Usar modo lineal. Se quere engadir opcións por defecto á liña de comandos do LILO, indíqueas no campo de parámetros do núcleo. Tódalas opcións que introduza aquí serán pasadas ó núcleo de Linux cada vez que arrinque. Etiqueta de Arrinque: Tódalas particións arrincables están etiquetadas na lista Etiqueta de Arrinque na parte inferior da pantalla (incluíndo as particións usadas por outros sistemas operativos). Se quere engadir etiquetas para outras particións (ou mudar as existentes), prema unha vez na partición para seleccionala, e poderá mudar a etiqueta no campo de enriba. Configuración do SILO SILO, o Sparc Improved LOader, é un programa que se pode usar para iniciar Red Hat Linux no seu ordenador. Tamén pode arrincar outros sistemas operativos, como SunOS e Solaris. Aquí terá que decidir cómo quere (e se quere) configurar o SILO. Crear disquete de arrinque: Debería crear un disquete de arrinque se non vai instalar o SILO ou se o quere por razóns de seguridade. Se non ten disqueteira, esta opción estará agochada. Se ten unha Ultra fabricada por SMCC, que normalmente non ten disqueteiras arrincables, esta opción estará desactivada por defecto. Non instalar o SILO: Pode optar por omitir a configuración do SILO se non o quere instalar no disco duro, por exemplo se xa o ten instalado noutra partición ou disco e quere arrincar dende aí. Para instalar o SILO, decida o lugar onde quere instalalo. Se o sistema vai usar unicamente Red Hat Linux, debería escoller probablemente o Master Boot Record (Bloque de Arrinque da primeira partición do disco). Para os sistemas nos que convivan SunOS/Solaris e Red Hat Linux nun mesmo disco duro, non deberá probablemente instalar o SILO no MBR, especialmente se SunOS/Solaris está na primeira partición do disco. Se decide non instalar o SILO por CALQUERA razón, faga un disquete de arrinque para poder iniciar Red Hat Linux. Crear alias na PROM: O programa de instalación pode crear un alias "linux" na PROM, se esta o soporta, de xeito que poida arrincar o SILO dende a liña de comandos da PROM usando "boot linux". Establecer o dispositivo de arrinque por defecto da PROM: O programa de instalación pode facer que a PROM arrinque por defecto o programa de instalación de Red Hat Linux mediante a opción da PROM "boot-device" ou "boot-from". Se quere engadir opcións por defecto á liña de comandos do SILO, indíqueas no campo de parámetros do núcleo. Tódalas opcións que introduza aquí serán pasadas ó núcleo de Linux cada vez que arrinque. Partición Arrincable -- Tódalas particións arrincables están listadas e etiquetadas, incluíndo as particións usadas por outros sistemas operativos. Se quere engadir etiquetas para outras particións (ou mudar as existentes), prema unha vez na partición para seleccionala, e poderá mudar a etiqueta. Configuración da Rede Escolla a súa tarxeta de rede e decida se quere configurala usando DHCP. Se ten varios dispositivos Ethernet, cada un deles terá a súa propia pantalla de configuración, podendo cambiar entre elas (por exemplo eth0 e eth1); a información que indique será específica para cada pantalla. Se selecciona Activar ó arrincar, a tarxeta de rede será inicializada durante o arrinque. Se non ten acceso de cliente DHCP, ou non está seguro do que é isto, contacte co seu administrador de rede. Despois introduza, cando sexa necesario, o enderezo IP, a Máscara de rede, e os enderezos de Rede e de Broadcast. Se non está seguro destes datos, consulte ó seu administrador de rede. Indique un nome de máquina para o seu sistema. Se non o fai, este será coñecido como "localhost". Finalmente, introduza o enderezo da Pasarela, e os enderezos do DNS Primario, Secundario e Terciario. Configuración do Firewall &RHL; tamén ofrece protección por firewall para mellorar a seguridade do sistema. Un firewall sitúase entre o ordenador e a rede, e determina a que recursos poden acceder os usuarios remotos a través da rede. Un firewall correctamente configurado pode mellorar moito a seguridade externa do sistema. Escolla o nivel de seguridade apropiado para o seu sistema. Seguridade Alta — Usando Seguridade Alta, o sistema non aceptará ningunha conexión que non defina vostede explicitamente. Por defecto, só se permiten as seguintes conexións: Respostas de DNS DHCP — de xeito que as interfaces de rede que usan DHCP poidan ser configuradas correctamente. Usando esta Seguridade Alta, non se permitirá o seguinte: Modo activo de FTP (O modo pasivo, usado por defecto na maioría dos clientes, debería funcionar). Transferencias de ficheiros por DCC no IRC RealAudio(tm) Clientes remotos do sistema X Window Se vai conectar o sistema a Internet, pero non pensa ter un servidor, esta é a opción máis segura. Se son necesarios servicios adicionais, pode seleccionar Personalizar para permitir servicios específicos a través do firewall. Seguridade Media — Seleccionando Seguridade Media, fará que o seu sistema non teña acceso a certos recursos. Por defecto, non se permiten os seguintes accesos: portos por debaixo de 1023 — estes son os portos reservados estándar, usados pola maioría dos servicios do sistema, como FTP, SSH, telnet, e HTTP. porto do servidor NFS (2049) o xestor do sistema X Window para os clientes remotos porto do servidor de fontes de X (isto está desactivado por defecto no servidor de fontes.) Se quere permitir recursos como RealAudio(tm), mantendo o bloqueo do acceso ós servicios normais do sistema, escolla Seguridade Media. Pode utilizar Personalizar para permitir servicios específicos a través do firewall. Sen Firewall — Sen ningún firewall, permítese acceso completo e non se realiza ningunha comprobación de seguridade. Aconséllase seleccionar isto só se está nunha rede segura (non Internet), ou se vai facer máis tarde unha configuración detallada do firewall. A menos que vaia personalizar o firewall, asegúrese de que está seleccionada a opción Usar as regras de firewall por omisión. Escolla Personalizar para engadir dispositivos seguros ou para permitir máis interfaces entrantes. Dispositivos Seguros — Se activa isto para algún dos seus dispositivos, fará que se permita todo o tráfico que entre por el. Por exemplo, se ten nunha rede local, pero se conecta a Internet por medio de PPP, podería indicar que eth0 é seguro, para permitir o tráfico que chegue da propia rede local. Non se recomenda habilitar isto para dispositivos conectados a redes públicas, como Internet. Permitir acceso entrante — Activando estas opcións permitirá que os servicios indicados pasen a través do firewall. Advirta que, nunha instalación de estación de traballo, a maioría destes servicios non están presentes no sistema. DHCP — Isto permite peticións e respostas DHCP, de xeito que as interfaces de rede que usan DHCP poidan determinar o seu enderezo IP. DHCP está normalmente activado. SSH — A Shell Segura (SSH) é un protocolo para conectarse e executar comandos en máquinas remotas, fornecendo unha comunicación segura cifrada. Se vai acceder remotamente á súa máquina por medio de SSH a través dunha interface con firewall, habilite esta opción. Necesitará o paquete openssh-server instalado para que esta opción sexa útil. TelnetTelnet é un protocolo para conectarse a máquinas remotas. Non vai cifrado, e fornece unha seguridade baixa perante ataques pola rede. Non se aconsella activar telnet. Necesitará o paquete telnet-server instalado para que esta opción sexa útil. WWW (HTTP)HTTP é o protocolo usado polo Apache para servir páxinas Web. Se vai pór o seu servidor Web dispoñible publicamente, active esta opción. Non é necesaria para ver ou desenvolver páxinas localmente. Necesitará o paquete Apache instalado para que esta opción sexa útil. Correo (SMTP) — Isto permite a entrega de correo entrante por SMTP. Se necesita que outras máquinas se conecten directamente á súa para entregar correo, active esta opción. Non é necesario para recoller o correo do servidor POP3 ou IMAP do seu provedor de Internet, ou se usa unha ferramenta como o fetchmail. Advirta que un servidor SMTP incorrectamente configurado podería permitir que outras máquinas remotas o usen para enviar spam. FTPFTP é un protocolo usado para transferencia de ficheiros remotos. Se vai pór o seu servidor FTP dispoñible publicamente, active esta opción. Necesitará o paquete wu-ftpd (e posiblemente o anonftp) instalado para que esta opción sexa útil. Outros portos — Pode especificar outros portos ademais dos listados aquí para permitir o acceso a través do firewall. O formato é 'porto:protocolo'. Por exemplo, se quere permitir acceso a IMAP a través do firewall, pode indicar 'imap:tcp'. Tamén pode usar portos numéricos explicitamente; para permitir paquetes UDP no porto 1234, indique '1234:udp'. Para definir varios portos, sepáreos por comas. Selección da Zona Horaria Pode configurar a zona horaria seleccionando a localización física do seu ordenador, ou o desprazamento respecto á Hora Universal Coordinada (tamén coñecida como UTC). Observe as dúas pestanas na parte superior da pantalla. A primeira permítelle a seleccion por lugar. Con esta opción, pode escoller a Vista, coas opcións: Mundo, América do Norte, América do Sur, Pacífico, Europa, África e Asia. No mapa interactivo, pode premer nunha cidade específica, das indicadas por puntos amarelos, e un X vermello aparecerá na que seleccione. Tamén pode percorrer a lista de cidades e escoller a zona horaria desexada. A segunda pestana permítelle usar un desprazamento respecto á Hora Universal Coordinada (UTC). Aquí atopará unha lista de desprazamentos para escoller, así como unha opción para activar a Hora de Verán. Para ambas pestanas, existe a opción O reloxo do sistema ten a hora universal. (UTC, tamén coñecida como GMT, fará que o sistema manexe correctamente os horario de verán e inverno). Seleccione isto se o reloxo hardware do seu ordenador ten a hora universal (en vez da hora local). Configuración das Contas Nota: Activar unha conta de root e o seu contrasinal é un dos pasos máis importantes durante a instalación. A conta de root permítelle instalar paquetes, actualizar RPMs, e realizar a maioría das tarefas de mantemento. Ó autenticarse como root, terá un control completo e moi potente sobre o seu sistema. Ten que asegurarse de que usa a conta de root só para tarefas de administración. Faga outra conta de usuario para o uso normal, e empregue o comando su - para obter acceso de root se ten que solucionar algo rapidamente. Estas regras básicas minimizarán as posibilidades de danar o sistema no caso de que escriba un comando equivocadamente. Introduza o contrasinal para a conta de root, cunha lonxitude mínima de 6 caracteres. Escríbao de novo no segundo campo de texto para confirmar. O botón Seguinte activarase só cando as dúas versións do contrasinal coincidan. Aconséllase usar un contrasinal que poida lembrar, pero que non sexa doado de adiviñar para outras persoas. Non debería anotar este nin calquera outro contrasinal que utilice. De seguido, cree unha conta de usuario. Indique o nome da conta de usuario. Logo, póñalle un contrasinal e confírmeo. Por último, introduza o nome completo do usuario e prema Engadir, para engadir a información da conta á lista de contas. Para engadir outro usuario, escolla Novo e encha a información nos campos baleiros. Ó acabar de introducir os datos, use o botón Engadir para engadir o usuario á lista de contas. Tamén pode Editar as contas de usuario creadas, ou Eliminar as que xa non necesite, seleccionando unha conta e usando os botóns Editar ou Eliminar. Configuración da Autenticación Pode omitir esta sección se non vai usar contrasinais de rede. Se non está seguro, consulte co seu administrador de sistema. A menos que vaia configurar contrasinais NIS, verá que as opcións MD5 e shadow están seleccionadas. Usándoas fará o sistema o máis seguro posible. Activar contrasinais MD5 -- permite usar contrasinais longos (ata 256 caracteres) en vez do estándar de oito letras ou menos. Usar contrasinais shadow -- fornece un método moi seguro para protexer os contrasinais. En vez de gardarense no ficheiro /etc/passwd, os contrasinais almacénanse en /etc/shadow, ficheiro que só pode ler o root. Activar NIS -- permítelle ter un grupo de ordenadores no mesmo dominio de Servicio de Información de Rede, usando ficheiros de contrasinais e grupos comúns. Hai dúas opcións para escoller: Nota: Para configurar o NIS, ten que estar conectado a unha rede NIS. Se non está seguro disto, pregúntelle ó seu administrador de sistema. Dominio NIS -- esta opción permítelle especificar a que dominio ou grupo de ordenadores pertence o seu ordenador. Servidor NIS -- esta opción fai que o seu ordenador use un servidor NIS específico, en vez de facer unha petición "broadcast" na rede de área local para buscar un servidor dispoñible. Activar LDAP -- LDAP agrupa certos tipos de información dentro da súa organización. Por exemplo, tódalas diferentes listas de usuarios pódense mesturar nun único directorio LDAP. Para máis información sobre LDAP, consulte a &RHLRGS;. Hai tres opcións para escoller: Servidor LDAP -- esta opción permítelle acceder a un servidor que usa o protocolo LDAP. DN Base de LDAP -- esta opción permítelle buscar información dun usuario polo seu Nome Distinguible (DN). Usar lookups TLS (Transport Layer Security, Seguridade na Capa de Transporte) -- esta opción permite que o LDAP envíe os nomes e contrasinais de usuario cifrados a un servidor LDAP antes da autenticación. Activar Kerberos -- Kerberos é un sistema seguro que fornece servicios de autenticación de rede. Para máis información sobre Kerberos, consulte a &RHLRGS;. Hai tres opcións para escoller: Realm -- esta opción permítelle acceder a unha rede que usa Kerberos, formada por un ou uns poucos servidores (tamén coñecidos como KDCs) e un (potencialmente moi elevado) número de clientes. KDC -- esta opción permítelle acceder ó Key Distribution Center (KDC - Centro de Distribución de Chaves), un servidor que emite tickets de Kerberos (ás veces chamado Ticket Granting Server, Servidor de Concesión de Tickets ou TGS). Servidor de Admin -- esta opción permítelle acceder a un servidor que está a executar kadmind. Selección de Grupos de Paquetes Seleccione os grupos de paquetes que quere instalar. Para seleccionar un grupo de paquetes, prema no cadro ó seu carón. Para seleccionar paquetes individualmente, ten que marcar a opción Selección Individual de Paquetes na parte inferior da pantalla. Selección Individual de Paquetes Na esquerda da pantalla pode ver unha lista dos grupos de paquetes. Se expande esta lista e escolle un grupo, a lista de paquetes dese grupo aparecerá no panel da dereita. Para ordenar os paquetes por tamaño, prema a pestana Tamaño (MB). Para ordenalos alfabeticamente, prema a pestana Paquete. Para seleccionar un paquete individual, prema no cadro ó carón do nome do paquete. Unha marca nese cadro significa que o paquete está seleccionado. Para máis información sobre un paquete específico, prema o seu nome. A información aparecerá na parte inferior da pantalla. Tamén pode seleccionar e deseleccionar tódolos paquetes listados nun grupo, premendo os botóns Seleccionar todo o grupo ou Deseleccionar todo o grupo. Dependencias non Resoltas Moitos paquetes de software dependen de outros paquetes ou bibliotecas para funcionaren correctamente. Para asegurar que o sistema ten tódolos paquetes necesarios, &RHL; comproba estas dependencias cada vez que instala ou elimina algún paquete. Se un paquete require outro que non está instalado, existe unha dependencia non resolta. Un ou máis paquetes que seleccionou teñen dependencias non resoltas. Pode resolvelas seleccionando Instalar paquetes para satisfacer as dependencias. Tamén pode decidir non instalar os paquetes listados con dependencias, ou ignoralas. Configuración das X O programa de instalación tentará agora detectar o seu monitor para determinar as mellores opcións de visualización para esta máquina. Se non é posible detectalo, escolla da lista de monitores o que mellor coincida co modelo que ten este ordenador. Tamén pode indicar os intervalos de sincronismo horizontal e vertical para o monitor. Estes valores pódense atopar na documentación. Teña coidado ó escribilos; se pon valores que superan a capacidade do equipo, pode causar danos ó monitor. Poña números nestes campos unicamente se os valores do manual non coinciden co monitor seleccionado na lista, e ten a certeza de que a documentación presenta os valores correctos. Se decide que os valores seleccionados son incorrectos, pode premer o botón Restaurar valores orixinais para voltar ás opcións detectadas que se suxiren. Configuración das X Aínda que o programa de instalación tenta detectar o mellor controlador de tarxeta gráfica, pode escoller outro se é necesario. Tras seleccionar a tarxeta gráfica, escolla a cantidade de memoria de vídeo que dispón. Se decide que os valores seleccionados son incorrectos, pode premer o botón Restaurar valores orixinais para voltar ás opcións detectadas que se suxiren. Tamén pode decidir Omitir a Configuración das X se non quere configuralas ou quere facelo máis tarde. Configuración Personalizada Escolla a profundidade de cor e a resolución para a configuración das X. Prema Probar Configuración para probar as opcións escollidas. Se non lle satisfai o resultado, prema Non durante a proba para escoller outra resolución. Se instalou GNOME e mais KDE, pode escoller cal deles quere que sexa o ambiente de escritorio por defecto. Doutro xeito, só se amosará GNOME ou KDE como o escritorio predeterminado. Tamén pode decidir se quere que o sistema &RHL; instalado se arrinque en modo texto ou nun ambiente gráfico. A menos que teña necesidades especiais, recoméndase usar o ambiente gráfico (similar a un ambiente Windows). Se decide arrincar en modo texto, presentaráselle unha liña de comandos (semellante a un ambiente DOS) A piques de Instalar Precaución: No momento que prema o botón Seguinte, &RHL; empezará a escribirse no disco duro. Este proceso non se pode desfacer, polo que se decidiu non instalar &RHL;, este é o derradeiro punto en que pode abortar o proceso de instalación. Para abortar a instalación, retire o dispositivo con &RHL; e prema o botón de Reiniciar do seu ordenador, ou use Control- Alt- Suprimir A piques de Actualizar Precaución: No momento que prema o botón Seguinte, &RHL; empezará a escribirse no disco duro. Este proceso non se pode desfacer, polo que se decidiu non instalar &RHL;, este é o derradeiro punto en que pode abortar o proceso de instalación. Para abortar a actualización, retire o dispositivo con &RHL; e prema o botón de Reiniciar do seu ordenador, ou use Control- Alt- Suprimir Instalando os Paquetes Foi recollida toda a información necesaria para instalar &RHL; no seu sistema. Levará un tempo instalar todo, dependendo do número de paquetes que se van instalar. Creación do Disquete de Arrinque Insira un disquete formatado baleiro na disqueteira, e prema Seguinte para continuar. Nota: Se decide realizar unha instalación 'partitionless' (sen particións), deberá crear un disquete de arrinque. Sen este disquete, non poderá iniciar &RHL;. Polo tanto, se o perde ou estraga, tampouco lle será posible arrincar &RHL;.