Non choveu que non escampara. % Ata o corenta de Maio, non te quite-lo saio. % Un home é un home, e seis media ducia. % Un home é un home, e unha ghaliña e un bicho. % A chuvia en San Xoán tolle o viño e non dá pan % A col en outono mata o dono. % A culpa non ten casa, por eso todo o mundo a bota para a do outro. % A todo hai quen gañe. % A vellez é coma a nenez. % Ano de nevadas, ano de anadas. % Antes cae un mentiroso que un coxo. % As cousas hai que facelas ben ou non facelas. % As nove, déitate home. % Atrás virá, quen bo te fará. % Burro grande, ande ou non ande. % Cada cal busca o seu igual. % Can ladrador, pouco mordedor. % Cando a carballeira canta, gusta ben a manta. Cando a carballeira zoa, gusta ben a broa. % Coa vara que mides, serás medido. % Colle a vella a roca o sábado a noite. % Con pan e viño ándase o camiño % Deixa andar ó can coa roca e ó gato coa mazaroca. % Do tinto non me arrepinto, do blanco non me espanto, o Jaén veña tamén. % Empanada éche calquera % En maio, inda a vella queima o tallo. % En San Xoán inda hai tres dias pra cardar lan. % En todas partes espiga o pan, non sendo onde non o botan. % En xaneiro, non poñas o pe diante do compañeiro. % Es retorcido coma a corre dunha xesta. % Es retorcido coma o loro dun carro. % Estás nas verzas e non ves a horta. % Fillo fuches, pai serás. Así como o fixeches o terás. % Foi o día para a romaría. % Home lampo e can rabelo, desconfia deles coma do demo. % Lingua aguda, costela dura. % Marzo marzal, abril penduril. En maio granado, en San Xoán curado. Pola Santa Mariña, metelo na arquiña [trigo e centeo]. % Maio pardo e San Xoán claro sae bo ano. % Mentres capo non asubío. % Mentres o pao vai e ben, descansa o lombo. % Morto o can, acabouse a rabia. % Ninguen naceu aprendido. % Non esta o alcacén para gaitas. % Non hai peor xordo que o que non quere oír. % Non sabe un donde a ten. % Nunca chove como trona. % O 25 de marzo entra a merenda e mailo descanso. % O can grande sempre mandou no pequeno. % O meu can pillou unha mosca, e se a pillou, comeuna. % O que con rapaces se deita, mexado se levanta. % O que de alto fía, se o fuso lle cae, o cu lle asubía. % O que non mata, engorda. % O que non ten que facer, sacha os nabos antes de nacer. % O que un non quere a outro lle apetece. % O que veña atrás que arree. % O vinte de xaneiro, sube ó outeiro. Se ves verdexar, ponte a cantar. Se ves terrexar, ponte a chorar. % Para abaixo tódolos santos axudan. % Pascuas molladas, anadas dobradas. Pascuas inxoitas, nin poucas nin moitas. % Polo San Blas, duas horas mais. % Polo San Martiño abaldoa o teu viño. % Polo San Martiño mata o porquiño. % Quen come e canta algún sentido lle falta. % Que cospe ó ceo, enriba lle cae. % Saimos dun souto e metémonos noutro. % San Migueliño das uvas maduras, tarde vés e pouco duras. % Sarna con gusto non pica, pero mortifica. % Tanto ten Xan coma Pericán. % Tres anos de can novo, tres anos de bo can, tres anos de can vello, tres anos de mal can. % Un home é un home, que non é un feixe de palla. % Vai o vello morrendo e vai aprendendo % Xan da Estrada está como estaba. % Xente de Vea, Dios a dea. E cos de Cuntis, non te xuntes. % Xente nova e leña verde, todo é fume. % ¿Onde vas tolo? Onde van todos % Cando o Pico Sacro pon touca, auga temos, moita ou pouca. % Cando o Pico Sacro pon o capelo, rapazas da Ulla, cubride o mantelo. % Malla sen medo, se o capelo do Pico vai para Lestedo; pero con ansia se vai para a Granxa. % Moza de Deza e vaca da Ulla, de cento unha. % Vacas da Ulla e muller de Bendoiro, non as metas na casa, que che é un agoiro. % A cazador novo, can vello. % A cabaleiro vello, can novo. % A barco novo, capitan vello. % Cando mozos, traballos; cando vellos, farrapos. % O que de mozo non tolea, de vello perde a cabeza. % O vello minte ben na sua terra; o mozo na aldea minte que rabea. % Vello casado con nena bonita, o susto do corpo non se lle quita. % O vello, por non poder, e o mozo por non saber, moitas cousas deixan perder. % Aconselloume meu pai que terquease, mais non que aventurase. % Da boa nai busca a filla e da boa cepa planta a via. % Come neno, a criarte has; come, vello, e vivirás. % Mozo o vello que esta san; vello o mozo que est escrequenado. % O home, de nenio, rei; de mozo, galan; de casado, burro, e de vello, can.