Novidades   |   GNU     GNOME     KDE  
  Información   |   Mozilla     OpenOffice     Aplicacións  
  Axuda   |   Guías     Howto     Distribucións  
  Enderezos   |   Ispell     Fortunes     Outros  

Tradución de programas | Tradución de documentación
Guía de estilo | Diccionario | Lista de correo | IRC

Guía de estilo

Aquí podes atopa-las nosas recomendacións e consellos para face-las traduccións. Tenta seguilas o máximo que poidas.

Diferencias entre o inglés e o galego:

Hai que ter moito ollo con algunhas expresións inglesas, xa que moitas veces as traduccións literais non son aconsellables.

Trato ordenador/usuario:

No caso dos programas, procuramos despersonalizar ó ordenador, de xeito que teña o comportamento habitual dunha máquina. Isto se resume en:

Hai que mirar isto con flexibilidade, e respectar a decisión do autor en inglés. Ás veces no orixinal úsase 'I' en primeira persoa para o ordenador, e non paga a pena estar a face-la conversión ó traducir.

Para a traducción de documentación, pola contra, ó ser unha comunicación entre persoas (traductor/escritor - usuario), déixaselle a cada un a elección do trato, aínda que recomendamos o uso de 'ti'.

Acentuación:

Lembra que os tiles en galego son necesarios, e un texto que non os teña pode parecerlle pouco serio a moitos usuarios. Procura poñelos sempre, e non esquezas as seguintes regras conflictivas cando hai varias vocais seguidas:

Sobre a normativa:

A maioría dos que colaboramos no proxecto somos informáticos, non lingüistas, e pensamos que non temos autoridade dabondo para opinar sobre a lingua, ou innovar sobre a normativa a empregar. É por iso polo que utilizamos a normativa oficial, que nos permite chegar á maior parte dos usuarios do galego, e que é a mellor solución en canto ó material de consulta dispoñible (diccionarios, normas ortográficas...). Polo tanto, tenta por favor evitar calquera discusión sobre o tema na lista de correo, xa que non vai levar a ningures.

Nembargantes, hai xente que segue a preferir utilizar outras normativas. Malia que algunhas desas traduccións estean distribuídas nas versións oficiais, aquí as recollemos na sección de Outras Normativas. Nas seccións correspondentes poñemos unha adaptación á normativa oficial. As razóns son evitar unha mestura de diferentes normativas, e facilitar tarefas como a comprobación e revisión das traduccións.

En canto ás variantes que permite a normativa oficial (ó/ao, dende/desde, segunda forma do artigo, etc...), obviamente non hai ningunha restricción, e cada un é libre de escoller o que queira. Limitámonos a transmiti-la recomendación do ILG de utiliza-la terminación -ble no canto de -bel, por ser aquela máis próxima á fala. Lembra de calquera xeito que debes tentar ser homoxéneo coa túa escolla ó longo da traducción.