Novidades   |   GNU     GNOME     KDE  
  Información   |   Mozilla     OpenOffice     Aplicacións  
  Axuda   |   Guías     Howto     Distribucións  
  Enderezos   |   Ispell     Fortunes     Outros  

Frases e textos para o programa Fortune

O programa fortune é un clásico en Unix. Ó ser executado, amosa unha frase, texto, refrán... aleatorio. A distribución oficial deste programa só inclúe fortunes en inglés, pero a maioría das distribucións de GNU/Linux inclúen versións modificadas que soportan internacionalización, e permiten que existan fortunes noutras linguas, cada unha delas nun subdirectorio diferente.

O que aquí pretendemos é facer unha recopilación de fortunes en galego. Ben sexan propios de Galicia (cantigas, ditos, refráns...) ou traduccións doutros fortunes en inglés ou noutras linguas.

O que está a leva-lo traballo de coordinación é David Fernández Vaamonde. Se queres colaborar con novos fortunes, mándallos a el para que os inclúa.

Máis adiante tentarase facer unha distribución oficial, e mesmo que se poida incluír nas distribucións de Linux (como Mandrake ou Debian).