Novidades   |   GNU     GNOME     KDE  
  Información   |   Mozilla     OpenOffice     Aplicacións  
  Axuda   |   Guías     Howto     Distribucións  
  Enderezos   |   Ispell     Fortunes     Outros  

Proxecto Trasno

Tradución do software libre a galego

[galego] Para saberes máis sobre o proxecto, preme na sección de Información.
[english] English-speaking users can follow this link to know more about this project.

Novas:

  • 23-01-2006: Se recibes a lista do trasno, hai novas nela... E se non, haberá novidades nunha semana.
  • 20-02-2004: Voltamos á vida!! Tras un mes e medio co servidor do GPUL caído, recuperamos unha versión de outubro da páxina web de Trasno. Esperamos actualizar os datos en breve para voltar á normalidade. Sentimos a longa espera!
  • 27-10-2003: Na sección de Mozilla temos xa a traducción da versión 1.5 deste navegador. Ademáis, temos unha versión de probas da traducción de Mozilla Firebird 0.7 (se atopades erros nela, avisade a jtarrio arroba trasno punto net)
  • 30-09-2003: Na nova sección de OpenOffice incluímos información sobre o proxecto Ceibe de Roberto Abalde.
  • 15-03-2003: Vimos de publica-la traducción de Mozilla 1.3...
  • 20-09-2002: A traducción de Mozilla ten agora a súa propia sección para facilitar o acceso e as ligazóns externas. Podedes descargar aí a traducción de Mozilla 1.1 e as versións anteriores
  • 27-08-2002: Xa temo-la traducción de Mozilla 1.1 na nosa sección de aplicacións.
  • 05-06-2002: Á fin, xa saiu Mozilla 1.0, e con el, a traducción ao galego :-)
  • 11-05-2002: Tedes dispoñible na sección de aplicacións a traducción de Mozilla 1.0 RC2
  • 13-03-2002: Traducción de Mozilla 0.9.9, na sección de aplicacións
  • 11-03-2002: Nova revisión da traducción de Mozilla 0.9.8. Espero que pronto saia 0.9.9...
  • 22-02-2002: Debido a un erro grave (gracias a Tomás Fernández Pena polo aviso), acabamos de publica-la revisión 2 da traducción de Mozilla 0.9.8 . Podedes descargala da sección de aplicacións.
  • 16-01-2002: Imos lanzados: a traducción do Mozilla 0.9.7, xa dispoñible na sección de aplicacións.
  • 16-01-2002: Puxemos un taboleiro para que nos poidades felicitar ("que ben o facedes todo"), criticar ("nunca actualizade-las novas"), e todo iso :-)
  • 30-08-2001: Na sección sobre o ispell facemos referencia á primeira versión do diccionario feito por Ramón Flores e André Ventas en normativa de mínimos, publicada en xuño deste ano.
  • 18-05-2001: Estamos traballando coma feras na traducción da instalación de Debian. Todo sexa por non estudiar ;-)
  • 21-03-2001: Agora o enderezo destas páxinas é http://trasno.net. Os enderezos antigos, nembargantes, seguen a funcionar ;-)
  • 15-11-2000: O galego é xa unha das linguas "parcialmente soportadas" de GNOME, estando entre as quince máis traducidas. Podes velo aquí.
  • 10-08-2000: Seguimos á procura de logotipos para o proxecto. Aquí tedes as propostas que nos foron chegando.
  • 21-07-2000: Xa podes comezar a colaborar coa traducción de KDE.
  • 12-07-2000: Buscamos un logo para o proxecto. Podes ver aquí as propostas feitas ata agora.
  • 21-06-2000: A vindeira versión de SuSE (7.0) estará tamén traducida a galego.
  • 11-06-2000: Comeza o traballo da versión galega do ispell.
  • 07-06-2000: Iníciase a recopilación de ditos, cantigas, refráns, etc... nos fortunes en galego.
  • 06-06-2000: A próxima versión da distribución Red Hat estará traducida ó galego.
  • 22-05-2000: Xa temos unha lista de correo unificada.
  • 13-05-2000: O resultado final da votación polo nome do grupo é Trasno.
  • 05-04-2000: Os recursos do proxecto estarán finalmente mantidos polo GPUL na Universidade da Coruña
  • 21-03-2000: Comezamos a constitución do grupo LeGal (Linux en Galego)
Resume das traduccións
GNU (Actualizado: 28/06/2007)
Total 4%
GNOME (Actualizado: 10/02/2007)
Estable 99%
Desenvolvemento 30%
KDE (Actualizado: 23/10/2007)
Estable 79%
Desenvolvemento 66%
Mandriva Linux (Actualizado: 10/09/2007)
Total 46%
Fedora Core (Actualizado: 23/10/2007)
Total 3%


Toda a información, documentos, traduccións que se atopan nesta páxina Web están baixo os termos da Licenza Pública Xeral de GNU (GPL), agás se indique expresamente o contrario.

[Optimizado para calquera navegador] [Powered by PHP] [Powered by Apache]