Novidades   |   GNU     GNOME     KDE  
  Información   |   Mozilla     OpenOffice     Aplicacións  
  Axuda   |   Guías     Howto     Distribucións  
  Enderezos   |   Ispell     Fortunes     Outros  

Mozilla

Jacobo Tarrío foi o traductor do Mozilla e derivados, dende a versión 0.9.7 e ata febreiro de 2004. Da versión M-14 do Mozilla, así como do Netscape, encargouse Galego21; da súa páxina web podes descarga-las traduccións desas versións.

Traduccións dispoñibles: Mozilla Application Suite, Mozilla Firefox, Mozilla Thunderbird.

Mozilla Application Suite

As traduccións do Mozilla Application Suite distribúense en forma de ficheiros .XPI que serven para unha versión determinada do programa; nembargantes, son multiplataforma: o mesmo .XPI serve para a versión de Windows, a de Mac e a de Linux/Unix. Pódese instala-la traducción nun Mozilla que estea a funcionar, premendo na ligazón que hai na columna de "Instalación"; tamén se pode descarga-lo ficheiro .XPI sen instalalo premendo na ligazón da columna "Descarga".

Cando o XPI estea instalado, poderase activa-la traducción indo, despois de reinicia-lo Mozilla, a “Edit” -> “Preferences”, e escollendo en “Languages & Web Contents” o idioma galego; despois hai que reiniciar de novo, e o Mozilla ha aparecer en galego.

Se queres ver unha captura de pantalla de Mozilla en galego, preme aquí (66KB).

VersiónRevisiónDataDescargaInstalación
1.6120-Feb-2004 Descarga Instalación

Mozilla Firefox

As traduccións do Mozilla Firefox distribúense en forma de ficheiros .XPI que serven para unha versión determinada do programa; nembargantes, son multiplataforma: o mesmo .XPI serve para a versión de Windows, a de Mac e a de Linux/Unix. Pódese instala-la traducción nun Mozilla Firefox que estea a funcionar, premendo na ligazón que hai na columna de "Instalación"; tamén se pode descarga-lo ficheiro .XPI sen instalalo premendo na ligazón da columna "Descarga".

Cando a traducción estea instalada, poderase activa-lo idioma galego arrincando unha vez Mozilla Firefox dende a liña de ordes pasándolle o argumento “-UILocale gl-ES”.

VersiónRevisiónDataDescargaInstalación
0.8120-Feb-2004 Descarga Instalación

Mozilla Thunderbird

As traduccións do Mozilla Thunderbird distribúense en forma de ficheiros .XPI que serven para unha versión determinada do programa; nembargantes, son multiplataforma: o mesmo .XPI serve para a versión de Windows, a de Mac e a de Linux/Unix.

Para instalar unha traducción hai que descargala, e despois ir, no Mozilla Thunderbird, a “Tools” -> “Options...”, alí seleccionar “Extensions”, premer en “Install New Extension” e selecciona-lo ficheiro que contén a traducción. Despois, para activala, hai que saír do Mozilla Thunderbird e volvelo arrincar, dende a liña de ordes, pasándolle o argumento “-UILocale gl-ES”.

VersiónRevisiónDataDescarga
0.5129-Feb-2004 Descarga
0.4120-Feb-2004 Descarga