Tradución de GNOME a galego

Esta é a páxina do grupo de tradución do ambiente de escritorio GNOME a galego. A versión actual que se está a traducir é a 2.20

Que é GNOME?

GNOME é un entorno de escritorio para plataformas Unix|Linux, empregando como base as librerías GTK+ o que permite ter un entorno amigable e sinxelo para o usuario. Este escritorio ten unha competencia amigabel con KDE, que é outro escritorio moi importante no software libre. Os dous traballan concienzudamente para mellorar as prestacións para os usuarios e para os desenvolvedores de aplicacións, cada 6 meses GNOME lanza unha nova versión do seu escritorio con melloras e correción de erros. GNOME ten unhas aplicacións importantes dentro do seu proxecto pero que non forman parte do seu sistema base como pode ser o GIMP, programa de manipulación de imaxes, Anjuta, IDE de programación....

Aquí embaixo podedes ver algunhas capturas de pantalla do que ven sendo un escritorio de GNOME:

pantallazo2.jpg

Quen coordina o grupo galego?

O coordinador actual do grupo de tradución a galego é Ignacio Casal Quinteiro. Podes contactar con el no seu enderezo de correo electrónico.

Como podo axudar?

Se queres colaborar na tradución dalgún paquete,terás que contactar co coordinador para que faga a asignación. Non esquezas mirar a páxina de recursos para os tradutores.

Tamén é importante a axuda dos que comunican os erros de tradución. Se atopas un, escribe ao coordinador, á lista, ou mesmo no bugzilla de GNOME

Que hai mal na tradución?

Este apartado da páxina é para que o editedes. Para que poñades todos os erros, ou cousas que pensades que poderían estar mellor na tradución dalgún programa.

Memorias de tradución

Na seguinte páxina podedes atopar as memorias de tradución de Gnome.

Estado da tradución

Nova páxina de estatísticas para Gnome:

* A páxina é: http://progress.gnome.org/languages/gl/

Táboas de estatísticas:

  • Gnome 2.18: Versión actualmente estable: Estable 94%
  • Gnome 2.20: Versión actualmente en desenvolvemento:
  • Extras/Fifth toe/Office: Programas que forman parte do proxecto GNOME pero que non son parte do sistema base: Opcionais

Historia do grupo de tradución

  • Setembro de 1999: O equipo de traducion galego fíxose oficial no GNOME Translation Project, con Jesús Bravo Álvarez como primeiro coordinador.
  • Abril de 2001: Apareceu a versión 1.4 de GNOME, a primeira con soporte parcial de galego.
  • Xuño de 2005: Nacho tomou a tarefa de coordinación, tras varios meses como principal contribuidor de traducións.
  • Setembro de 2005: Aparece GNOME 2.12, a primeira versión completamente soportada en galego.
  • Marzo de 2006: Sae GNOME 2.14, versión totalmente actualizada e corrixida.
  • Outubro de 2006: Traducida a versión de GNOME 2.16.
  • Marzo de 2007: Gnome 2.18; Coma sempre Gnome segue estando traducido ao galego.
 
gnome/inicio.txt · Última modificación: 2007/06/26 16:07 por nacho
 
Recent changes RSS feed Driven by DokuWiki